Alfombra de fungos e cogomelos

Alfombra de fungos e cogomelos

ASOCIACIÓN DE ALFOMBRAS DE BUEU / COLECTIVO DE ALFOMBRISTAS DAS PONTES

 

ASOCIACIÓN DE ALFOMBRAS DE BUEU E COLECTIVO DE ALFOMBRISTAS DAS PONTES

O alfombrismo é unha técnica artística efémera de arte popular, comunmente asociada á ofrendas e ao uso de materiais florais, pero é moito máis. É unha disciplina artística na que se poden utilizar diferentes materiais naturais e cotiás en eventos de temáticas do máis dispares e no que é indispensable o traballo en equipo. As persoas que forman parte destas entidades, insisten continuamente nisto, transmitindo o seu entusiasmo e a necesidade de fomentar esta actividade entre diferentes lugares para garantir a súa supervivencia, que ten solicitada á Unesco a declaración de Ben Inmaterial da Humanidade. A peza realizada o 28 de outubro para o proxecto As Pontes enPEZAS consistiu nunha ofrenda ao mundo da micoloxía, xa que coincidiu  coa reputada Feria de Fungos e Cogomelos das Pontes. Os materiais utilizados nesta alfombra foron do máis diverso: cáscara de arroz (natural e tintada), borra de café (tamizada), conchas de ameixa e berberecho (natural, moída e tintada), terra vexetal, serríns e virutas (tintadas), pétalos de flores (secas) e tulla triturada. Un dos obxectivos desta peza foi o de reunir un grupo de xente das Pontes interesada nesta técnica de arte pública, para que compartisen e adquirisen coñecementos co colectivo artístico de Bueu. Finalmente, a maioría das persoas que participaron tiñan experiencia na confección da alfombra floral das Festas do Carme de As Pontes, e valoraron moi positivamente a iniciativa, tanto polos materiais utilizados como polo innovador das técnicas empregadas. No tocante ao grupo de artistas da Asociación de Bueu, resumiron así a súa vivencia no proxecto As Pontes enPEZAS:

“Este encontro serviunos para estimular a participación veciñal, favorecer as relacións entre alfombristas de Galicia, fomentar a unión dos valores que os caracteriza: a xenerosidade, o voluntariado, o respecto, á diversidade de habilidades, a amizade e a creatividade”.

Asociación Alfombras de Bueu é un grupo de persoas interesadas no alfombrismo, sendo no caso de Bueu, unha técnica artística efémera centenaria. Un dos primeiros logros acadados foi obter a declaración das alfombras de Bueu de Interese Turístico de Galicia, cuxas xestións comezara na década dos 90. Dende 2015 forman parte da Comisión Xestora Internacional de Entidades de Alfombristas de Arte Efémero, organización que permite coñecer casos de “boas prácticas” neste tipo de disciplina a través da organización de congresos en diferentes partes do mundo (Malta, México, Italia, etc.). Esta peza colaborativa foi realizada diante da Casa do Concello, no Parque Municipal “Campo da Feira”

 

PARA SABER MÁIS

Title Address Description
Alfombra
Av. Ferrol, 41, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

ASPANAES
Rúa Vilar Pontes, 1, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Grafiti literario
Av. Coruña, 19, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

A Xanela / Artpo
Rúa Rego do Campo, 5, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

O tren
Rúa Rego do Muiño, 32, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Outono máxico
Av. Ortigueira, 14, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Xaquín das Herbas
Av. da Habana, 123, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Diego G. Cereijo
Poblado da Fraga, D4, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Luis Davila
Rúa Otero Pedrayo, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Rubén / Iván
Av. Ortigueira, 82, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Wedo
Av. Galicia, 48, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

 

Yoseba MP
Av. Galicia, 76, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Leo López
Av. Castelao, S/N, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Lula Goce
Rúa Rego do Campo, 32, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Miguel Peralta
Av. Galicia, 3, 15328 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Sekone
Praza Hospital, 13a, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Suk Ha
Unnamed Road, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Delio Rodríguez
Poboado do Barreiro, 62, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Judith Cao
Av. Galicia, 69, 15328 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Federica Di Tizio
Rúa Rego do Campo, 2, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Carol / Isa
Rúa Monte Caxado, 12, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Radio Eume
Av. Ferrol, 49, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Capacidades
Av. Coruña, 19, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Dous pobos
Rúa Real, 4, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Xaquín
Rúa Chamoselo, 14, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Lavandeiras
Rúa Chamoselo, 26, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Juan Prieto
Rúa Camiño da Mina, 9, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Lucía Escrigas
Av. Ferrol, 19, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Mario Vérez
Av. de Vilalba, 7, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Nove Noel
Av. Ortigueira, 13, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Oda á muller
Av. Galicia, 56, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Rubén Moledo
Poblado da Fraga, 5, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Comeluz
AC-119, 49, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Wedo
Av. Galicia, 96, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Diego Cereijo
Rúa Iglesia, 29, 15328 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Banco dos bicos
Av. Ferrol, 35, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Luis Davila II
Rúa Rego do Campo, 29, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Outono máxico II
Av. Ferrol, 17, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España