

VECIÑAS E VECIÑOS / COLECTIVO DELOGA
enPasos de letras é unha iniciativa máis do proxecto As Pontes enPezas para deixar pegada dun xeito distinto; mesturando pintura, escritura e arte urbana a través dos pasos de peóns.
Desta forma, recompiláronse frases, pensamentos, versos, microrrelatos e calquera outra forma de escrita breve creada polos veciños e veciñas das vila, para que unha vez máis, fosen partícipes nun cambio artístico para a vila.
Versos de cancións compostas por artistas locais de antes e de agora, fragmentos de escritores/as noveis e veteranos/as, microrrelatos de lembranzas da vila, frases que inspiren a súa historia, ditos e refráns populares galegos… son algúns exemplos do que se pode desfrutar cruzando os pasos de peóns da vila, onde con cada andaina acompañan ás persoas que os transitan, recordándolles ou ensinándolles unha pequena parte do noso.
Todas as creacións, están inspiradas na esencia da nosa vila e naquelas cousas que a fan única. Este é un aspecto que consideramos especialmente importante dende o proxecto, xa que nos gusta que todas as intervencións sexan un reflexo da nosa comunidade local. Así mesmo, incorporamos algunhas frases ou versos cun toque humorístico e retranqueiro, típicas da nosa cultura galega.
En total son 35 os pasos de peóns seleccionados, deseñados e pintados por Ismael Blanco, Silvia Varela e Judith Cao, sociólogos/as do colectivo DELOGA.
As frases propostas pola cidadanía que se poden atopar polo núcleo urbano da vila e as súas autoras e autores son as seguintes:
As Pontes, chuvia e alegría. Orgullo incomprendido, sen telo vivido nin sentido – Andrés Pita Martínez
Malo será! – Dito popular
A saia da Carolina ten un lagarto pintado; cando a Carolina baila, o lagarto dálle ao rabo – Dito popular
E ti…. de quen vés sendo? – Dito popular
Xurdida entre cumes, está esta vila a cal ten a esencia do poder da natureza – David Bellas Huerta
Éche un andar miudiño, miudiño, miudiño, o que eu traio – Dito popular
Artistas que tornean soños coas voltas do tempo – Diego González Cereijo
Marcho, que teño que marchar – Dito popular
Sentidiño que cabeza ten calquera – Dito popular
Vai amodiño, disfrutando do camiño – Autoría anónima
Habelas hailas – Dito popular
Camiña, sen medo, na procura da túa propia felicidade – Emma Lamas
Nunca choveu que non escampara – Dito popular
Se chove, que chova! – Dito popular
Eume, fresco murmurio no abrazo verde das fragas, emerxen contos e lendas, da maxia das túas augas – Gloria David
Aquí, no meu berce de papel, chove pero eu nunca me mollo – Canción “Bon rollo” (Disco “Toda la noche” – Dr. Funkstein 2006)
Moitos lares coñecín e se algo aprendín é que a miña vila sempre tira por min – Autoría anónima
Pero buscamos refugio, nos lamemos las heridas, volvemos a caminar – Canción “Sálvame” (Disco “Canciones Incendiarias” – Super F 2013)
Entre estrelas, ríos, cores e poemas a túa vida brota lembrando o esquecido – Macamen Alonso
Non deixes que ninguén tema á escuridade. Ensínalle a prender a luz – Mateo Meizoso
Asegúrate de que el camino merezca la pena, y sino al menos que sea en buena compañía – Miguel Ángel Fernández Rivera
Debemos aprender das árbores, que retan espidas ó inverno para vestirse de cores na primavera – Montse Balsa Sanjuan
Vento nas pontes, auga nas fontes – Dito popular
Sementando ilusión cos pés na terra – Neolabrega (Cynthia Arias)
Ao abrigo do Caxado e regada polo Eume está a Vila de As Pontes onde por pasar quedéime – Autoría anónima
Vila de As Pontes, Vila querida, solo aquí non me sinto perdida – Autoría anónima
Na pel do Eume marquei os meus soños – Ofelia López Bermúdez
Entre as montañas ben erguida é a primeira en dar a benvida – Autoría anónima
Os nosos pasos tamén fan música – Ofelia López Bermúdez
Nós se pechamos os ollos podemos voar – Santiago del Moral
Nas Pontes os bicos están moi ricos – Sonia Sueiro
Erguerse co canto dos paxaros é durmirse co zoar do vento nas árbores – Tania Pombo Moledo
The skylines remind us different times – Wendy García Ayuso
Xamais estarás baleira, camisola verde. Clube de rugby Fendetestas – Clube de Rugby Fendetestas
Cumios, furnas e soutelos, espazos máxicos nos que me perder – Xosé María Ferro Formoso
Esta peza pode visitarse en
PARA SABER MÁIS –
Title | Address | Description |
---|---|---|
Alfombra | Av. Ferrol, 41, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España | |
ASPANAES | Rúa Vilar Pontes, 1, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España | |
Grafiti literario | Av. Coruña, 19, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España | |
A Xanela / Artpo | Rúa Rego do Campo, 5, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España | |
O tren | Rúa Rego do Muiño, 32, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España | |
Outono máxico | Av. Ortigueira, 14, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España | |
Xaquín das Herbas | Av. da Habana, 123, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España | |
Diego G. Cereijo | Poblado da Fraga, D4, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España | |
Luis Davila | Rúa Otero Pedrayo, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España | |
Rubén / Iván | Av. Ortigueira, 82, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España | |
Wedo | Av. Galicia, 48, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España |
|
Yoseba MP | Av. Galicia, 76, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España | |
Leo López | Av. Castelao, S/N, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España | |
Lula Goce | Rúa Rego do Campo, 32, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España | |
Miguel Peralta | Av. Galicia, 3, 15328 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España | |
Sekone | Praza Hospital, 13a, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España | |
Suk Ha | Unnamed Road, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España | |
Delio Rodríguez | Poboado do Barreiro, 62, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España | |
Judith Cao | Av. Galicia, 69, 15328 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España | |
Federica Di Tizio | Rúa Rego do Campo, 2, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España | |
Carol / Isa | Rúa Monte Caxado, 12, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España | |
Radio Eume | Av. Ferrol, 49, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España | |
Capacidades | Av. Coruña, 19, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España | |
Dous pobos | Rúa Real, 4, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España | |
Xaquín | Rúa Chamoselo, 14, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España | |
Lavandeiras | Rúa Chamoselo, 26, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España | |
Juan Prieto | Rúa Camiño da Mina, 9, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España | |
Lucía Escrigas | Av. Ferrol, 19, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España | |
Mario Vérez | Av. de Vilalba, 7, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España | |
Nove Noel | Av. Ortigueira, 13, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España | |
Oda á muller | Av. Galicia, 56, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España | |
Rubén Moledo | Poblado da Fraga, 5, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España | |
Comeluz | AC-119, 49, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España | |
Wedo | Av. Galicia, 96, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España | |
Diego Cereijo | Rúa Iglesia, 29, 15328 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España | |
Banco dos bicos | Av. Ferrol, 35, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España | |
Luis Davila II | Rúa Rego do Campo, 29, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España | |
Outono máxico II | Av. Ferrol, 17, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España |