Mamed Casanova, o derradeiro bandoleiro

Mamed Casanova, o derradeiro bandoleiro

NOVE NOEL

 

NOVE NOEL

En su retrato nada delata al asesino. Su rostro lo mismo puede ser el de un monje penitente que el de un hidalgo sombrío […]. Yo creo advertir en los ojos de este retrato más audacia que perversidad. Tiene el alma en ellos, el alma de los grandes capitanes, fiera, gallarda y de través, como los gavilanes de la espada. Desgraciadamente, ya quedan pocas almas así. ¿Será verdad que cuando se extinguen por completo, las razas agonizan?”
Ramón María del Valle-Inclán (“Las galas del difunto”)

Así describía Don Ramón María del Valle-Inclán -o escritor galego máis universal-, ao bandoleiro e foraxido Mamed Casanova (alcumado Toribio), nado en 1882 nas Grañas do Sor de Mañón, e lembrado como un dos máis celebres bandidos de España de século XX -e tamén un dos derradeiros-. Inmortalizado por figuras da literatura galega como o propio Valle-Inclán, a condesa Emilia Pardo Bazán e Julio Camba, así como os principais xornais da época, a súa lenda continúa a ser fonte de inspiración durante o século XXI, sendo destacables a novela de Hixinio Puentes sobre a súa vida e a banda deseñada “O fillo da furia”.

Ao tempo que a Garda Civil batía o norte das provincias da Coruña e Lugo para darlle caza, as fazañas de Toribio convertíanse en coplas e romances moi populares por toda España. Despois de 3 anos de persecución e diversas fugas, o anti-heroe acabou sendo apresado en novembro de 1903 na casa reitoral do Freixo no Concello de As Pontes. Entre as moitas versións contadas sobre a súa detención popularizouse a traizón do seu amigo o cura da parroquia para cobrar unha importante recompensa (1.500 pesetas da época).

A vida e obra de Mamed Casanova, así como a protección e os simpatías que xeraba naquel momento, non poden comprenderse sen entender a soberbia dalgúns dos emigrantes retornados das Américas (indianos) e a miseria económica e a decadencia social que azoutaba a España, inmersa na perda das derradeiras colonias de ultramar.

Fillo de nai solteira, pobre e labrega, foi ela quen o librou da morte por garrote vila ao suplicarlle o indulto ao rei Afonso XIII nunha visita do monarca a Santiago de Compostela.

O mural do As Pontes enPezas retrata a Mamed nunha das súas primeiras aventuras delitivas e das máis afamadas. Todo comeza cando un veciño adiñeirado regresa da Habana e poucos días despois da súa chegada, falece e é enterrado cun fermoso traxe confeccionado en Cuba. Toribio encaprichouse coas roupas do defunto, e non tivo reparos en desenterrar o cadáver e enfundarse as vestimentas do indiano para facer acto de presenza nun baile. No mural tamén se representa a súa pega, un paxaro que segundo dicían os seus veciños e veciñas, avisábao da presenza da Garda Civil durante os tres anos que viviu fuxido polos montes do norte de Galicia. Toribio aspiraba a non ser un máis nunha época de pobreza e inxustiza social, e a un prezo moi alto, conseguiuno.

O encargado de dar vida no As Pontes enPezas á historia deste personaxe da nosa comarca foi NOVE NOEL, un dos muralista galegos máis talentosos, nado na vila de Rianxo (A Coruña). Noel é comunicador audiovisual e técnico en ilustración. Dende o ano 2008 dedícase á imaxe gráfica e a pintura mural. Dende entón traballou en numerosos festivais en España, Portugal, Alemaña e México.

A peza de Nove Noel está na Avenida de Ferrol, fronte a Praza do Carme

 

 

 

PARA SABER MÁIS – www.novenoel.com

Title Address Description
Alfombra
Av. Ferrol, 41, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

ASPANAES
Rúa Vilar Pontes, 1, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Grafiti literario
Av. Coruña, 19, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

A Xanela / Artpo
Rúa Rego do Campo, 5, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

O tren
Rúa Rego do Muiño, 32, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Outono máxico
Av. Ortigueira, 14, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Xaquín das Herbas
Av. da Habana, 123, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Diego G. Cereijo
Poblado da Fraga, D4, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Luis Davila
Rúa Otero Pedrayo, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Rubén / Iván
Av. Ortigueira, 82, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Wedo
Av. Galicia, 48, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

 

Yoseba MP
Av. Galicia, 76, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Leo López
Av. Castelao, S/N, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Lula Goce
Rúa Rego do Campo, 32, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Miguel Peralta
Av. Galicia, 3, 15328 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Sekone
Praza Hospital, 13a, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Suk Ha
Unnamed Road, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Delio Rodríguez
Poboado do Barreiro, 62, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Judith Cao
Av. Galicia, 69, 15328 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Federica Di Tizio
Rúa Rego do Campo, 2, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Carol / Isa
Rúa Monte Caxado, 12, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Radio Eume
Av. Ferrol, 49, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Capacidades
Av. Coruña, 19, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Dous pobos
Rúa Real, 4, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Xaquín
Rúa Chamoselo, 14, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Lavandeiras
Rúa Chamoselo, 26, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Juan Prieto
Rúa Camiño da Mina, 9, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Lucía Escrigas
Av. Ferrol, 19, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Mario Vérez
Av. de Vilalba, 7, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Nove Noel
Av. Ortigueira, 13, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Oda á muller
Av. Galicia, 56, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Rubén Moledo
Poblado da Fraga, 5, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Comeluz
AC-119, 49, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Wedo
Av. Galicia, 96, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Diego Cereijo
Rúa Iglesia, 29, 15328 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Banco dos bicos
Av. Ferrol, 35, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Luis Davila II
Rúa Rego do Campo, 29, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Outono máxico II
Av. Ferrol, 17, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España