Outono máxico II

Outono máxico II

CAROLINA DÍGUELE / ISABEL O'CONNOR / VECIÑAS DAS PONTES

CAROLINA DÍGUELE / ISABEL O’CONNOR / VECIÑAS DAS PONTES

Outras das artistas que repetiron este ano, foron as veciñas de As Pontes guiadas por Carolina Díguele e Isabel O´Connor, facéndonos revivir de novo un Outono Máxico.

A peza instalouse o sábado 26 de outubro no Parque Municipal Campo da Feira -aproveitando o inicio da XXX Feira de Fungos e Cogomelos- coa intención de deixala permanentemente ata o seu deterioro. Trátase dunha PEZA única que enche de cores e vida o parque, dotándoo dun compoñente máxico que te traslada a un entorno de conto. Durante esta data,  o Outono Máxico converteuse nun photocall improvisado para todas aquelas persoas que se achegaron a velo, sendo numerosas as fotografías sacadas no banco máxico, recentemente adornado.

A confección desta PEZA ocupou un tempo moi importante para as súas creadoras, dende finais do mes de setembro ata a data da súa instalación. Na súa creación participaron persoas de todas as idades dende nenas a mulleres de idade avanzada, colaborando entre elas activamente para preparar o noso Outono Máxico.

As técnicas empregadas na súa confección son clásicas, mesturando a calceta, o ganchillo ou a costura. Sen embargo, son moi novidosas na esfera artística e no mundo do “graffiti”, causando entre a veciñanza, gran expectación.

Coa chegada do Nadal, a peza outonal mudou nunha peza en forma de árbore do Nadal, que serviu como elemento decorativo na Casa Dopeso acompañando a toda a xente que pasase pola rúa, coas súas cores e a súa luz.

Así describe Carolina Díguele a peza:

«Un recuncho onde ser feliz un momento.
Unha fantasía habitable.
Un lugar para imaxinar.
Un anaco de ilusión de cada tecedora.
Cores que fan visible o invisible.»

«Isto é o resultado de moitas horas de traballo de moitas persoas, moita ilusión e dedicación para formar parte desta Peza…»

Esta peza colaborativa foi realizada no Parque Municipal “Campo da Feira”

 

PARA SABER MÁIS – coralincolorado.com

Title Address Description
Alfombra
Av. Ferrol, 41, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

ASPANAES
Rúa Vilar Pontes, 1, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Grafiti literario
Av. Coruña, 19, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

A Xanela / Artpo
Rúa Rego do Campo, 5, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

O tren
Rúa Rego do Muiño, 32, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Outono máxico
Av. Ortigueira, 14, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Xaquín das Herbas
Av. da Habana, 123, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Diego G. Cereijo
Poblado da Fraga, D4, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Luis Davila
Rúa Otero Pedrayo, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Rubén / Iván
Av. Ortigueira, 82, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Wedo
Av. Galicia, 48, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

 

Yoseba MP
Av. Galicia, 76, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Leo López
Av. Castelao, S/N, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Lula Goce
Rúa Rego do Campo, 32, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Miguel Peralta
Av. Galicia, 3, 15328 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Sekone
Praza Hospital, 13a, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Suk Ha
Unnamed Road, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Delio Rodríguez
Poboado do Barreiro, 62, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Luis Davila II
Rúa Rego do Campo, 29, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Outono máxico II
Av. Ferrol, 17, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España