A lenda das tres fontes irmás

A lenda das tres fontes irmás

DELIO RODRÍGUEZ

 

 

DELIO RODRÍGUEZ

Antes de que se construísen as pontes que cobren o río Eume…
Na serra do Xistral, nacían tres fontes xuntas coma irmás, Masma, Landro e Eume. O mar prometéralles que a primeira que chegara onda el, cumpriríalle un desexo. As tres fontes botáronse ao camiño rapidamente ata que cansaron e botáronse a durmir, prometendo que a primeira en espertar, avisaría ao resto. Sen embargo, cando o Masma e o Landro espertaron, marcharon caladiñas e amodiño para seguir co seu camiño. Cando espertou o Eume e descubriu a traizón, saíu enfurecida e entolecida, conseguindo chegar primeira ao mar. Esta fonte deu lugar ao río Eume, quen lle pediu como desexo ao mar que cada ano o agasallase cunha persoa.
Ese é o motivo polo que cada ano, o río Eume leva unha persoa consigo.

Esta lenda tan recoñecida na vila, ten moitas versión e interpretacións, cambiando entre outras cousas, os ríos que a conforman (polo Sor, o Mandeo, ou o Ouro), mais sempre co mesmo desenlace: o sacrificio anual dunha persoa no río Eume. Aínda que moitas persoas coñecen a lenda, ninguén a proxectou nunca nunha imaxe, sendo pioneiro o artista Delio Rodríguez.

Delio foi o encargado de darlle vida a unha lenda clásica que acompaña a vila dende hai moitos anos, amosando toda a nosa historia na súa PEZA. O artista foi quen de transmitir nun mural esa mestura de sensacións que produce a lenda e o poderío co que se describe ó río que atravesa a nosa vila.

Delio Rodríguez é orixinario de Vigo, comezando dende moi novo a súa actividade na súa cidade natal. Desenvolveu unha gran parte da súa carreira profesional en México e de aí a países como Ecuador, Portugal ou Italia. Participou en gran variedade de eventos de arte urbana e proxectos sociais con murais en gran formato.

Ademais dun talento innegable, Delio amosou un compromiso moi importante coa historia da vila, nutríndose dela para a elaboración da súa peza, a cal non deixou indiferente a ningunha veciña e veciño, que se acercaban a admirala durante o proceso.

O artista daba a súa opinión sobre o proxecto nunha entrevista:

«Gústame especialmente a aposta que se fai aquí para que todo teña relación co pobo e as súas historias, paréceme unha gran idea. Agora mesmo, o tema da arte urbana ten moita pegada, está en alza. Pero o que se fai en As Pontes, vino menos. En países como México é máis habitual, pero aquí é moi novidoso».

Tamén comentaba as boas migas que fixo coa xente do lugar, o seu club de fans local:

«Unha das cousas que motivou o traballo con creces, foi a presencia de todos os veciños que ollaban o proceso compartindo impresións e experiencias comigo e me daban parabéns. Entre eles se encontran o club de fans das xubiladas do banco de todas as tardes, os cativos saudando e facendo preguntas ó saír da escola, o dono do local de enfronte que se ofreceu a gardarme o material durante os días de chuvia, os xubilados pintores e debuxantes no seu tempo libre, a señora que me compartiu sementes da súa horta, algunha xente que perdeu familiares e achegados no río e me agradecían a representación con certa maxia desta lenda dramática, e moitos máis. Pintar este mural sentiuse como estar na casa coa familia».

A peza está na Avda. da Habana – Barrio do Barreiro, Bloque 6

 

PARA SABER MÁIS
www.deliorc.com

Title Address Description
Alfombra
Av. Ferrol, 41, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

ASPANAES
Rúa Vilar Pontes, 1, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Grafiti literario
Av. Coruña, 19, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

A Xanela / Artpo
Rúa Rego do Campo, 5, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

O tren
Rúa Rego do Muiño, 32, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Outono máxico
Av. Ortigueira, 14, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Xaquín das Herbas
Av. da Habana, 123, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Diego G. Cereijo
Poblado da Fraga, D4, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Luis Davila
Rúa Otero Pedrayo, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Rubén / Iván
Av. Ortigueira, 82, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Wedo
Av. Galicia, 48, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

 

Yoseba MP
Av. Galicia, 76, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Leo López
Av. Castelao, S/N, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Lula Goce
Rúa Rego do Campo, 32, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Miguel Peralta
Av. Galicia, 3, 15328 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Sekone
Praza Hospital, 13a, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Suk Ha
Unnamed Road, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Delio Rodríguez
Poboado do Barreiro, 62, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Judith Cao
Av. Galicia, 69, 15328 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Federica Di Tizio
Rúa Rego do Campo, 2, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Carol / Isa
Rúa Monte Caxado, 12, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Radio Eume
Av. Ferrol, 49, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Capacidades
Av. Coruña, 19, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Dous pobos
Rúa Real, 4, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Xaquín
Rúa Chamoselo, 14, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Lavandeiras
Rúa Chamoselo, 26, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Juan Prieto
Rúa Camiño da Mina, 9, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Lucía Escrigas
Av. Ferrol, 19, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Mario Vérez
Av. de Vilalba, 7, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Nove Noel
Av. Ortigueira, 13, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Oda á muller
Av. Galicia, 56, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Rubén Moledo
Poblado da Fraga, 5, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Comeluz
AC-119, 49, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Wedo
Av. Galicia, 96, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Diego Cereijo
Rúa Iglesia, 29, 15328 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Banco dos bicos
Av. Ferrol, 35, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Luis Davila II
Rúa Rego do Campo, 29, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Outono máxico II
Av. Ferrol, 17, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España