Lady Falcón (Carmen da Depuradora)

Lady Falcón (Carmen da Depuradora)

YOSEBA MP

YOSEBA MP

Joseba Muruzábal, alias Yoseba MP, é un artista cambrés afincado en Santiago de Compostela, que está a revolucionar o muralismo en Galicia, tanto pola mestura de estilos realistas con influencias surrealistas, como pola súa reivindicación das avoas rurais galegas como superheroínas, dotadas de poderes sobrehumanos a través das súas pinceladas.

A súa traxectoria profesional está pragada de recoñementos e galardóns: gañador do certame de Novos Valores da Deputación de Pontevedra (2009), mellor artista galego na Bienal Eixo Atlántico (2010), primeiro premio do V Certame de Pintura Arte Nova Galega (2012), así como numerosas participacións en mostras, exposicións itinerantes, cursos e exposicións.

Despois de colaborar en diversos festivais galegos de arte urbana (Rexenera Fest de Carballo, Desordes Creativas de Ordes ou Muros do Nórdes de Muxía) non podía faltar no proxecto de “As Pontes enPEZAS”, unha obra da súa serie de murais ‘Fenómenos do rural’, dedicado ás superavoas rurais galegas, con mandilón e superpoderes.

Nesta ocasión a súa musa local foi “Carmen a da Depuradora”, unha extraordinaria muller de 95 anos, provista de entre outros superpoderes, o da memoria e o sentido do humor. A conexión entre ambos foi ao instante, xa que Carmen gáñate enseguida co seu carisma, feito que Yoseba MP soubo transmitir á perfección na súa peza.
O depósito da auga é un elemento cotiá en moitas casas do rural de Galicia e, no caso de Carmen, forma parte da súa esencia, xa que viviu a maior parte da súa vida na casa-depuradora construída a mediados do século XX pola empresa eléctrica e mineira Calvo Sotelo, na que traballaba o seu marido levando o mantemento da calidade das augas que bebían as familias do Poboado das Veigas.

En canto ás setas (amanitas muscarias) da cesta que leva Carmen na cabeza, representan o segredo da súa lonxevidade, “95 anos de bo humor”, así como a relación da comunidade local coa micoloxía, que organiza desde o ano 1987 a “Feira de Fungos e Cogumelos”, unha das exaltacións gastronómicas máis enxeñosas e lúdicas de Galicia.

Así contaba Yoseba MP a súa experiencia co proxecto:

As Pontes enPEZAS ofreceume a oportunidade de coñecer a este amor de muller. Teño que recoñecer, que nun comezo pareceume un pouco  maior para facer a idea que tiña pensada pero a carismática modelo convenceume do contrario ao minuto (…). Carmen empezou a falar, cando era pequena ía con frecuencia alí a recoller landras para os seus cochos, cando me din conta estaba camiñando detrás dela escoitando, e vendo con que facilidade se agachaba para recollelas (…). O día que rematei de pintar, fun a comer con ela, comprobei a alegría do seu apetito, “cos postizos xa non mordo como antes” murmurou mentres pelexaba cun anaco de empanada que revolvía na súa boca, “eu comer como todo o que quero, e ti come neniño que non comes nada”, o típico, estás a rebentar pero non comes nada, convencida da miña fame preparoume dous bocadillos para levar, un de tortilla e outro de xamón e queixo”.

 

A peza de Yoseba MP está localizada na Avenida de Galicia nº 76.

 

PARA SABER MÁIS

Title Address Description
Alfombra
Av. Ferrol, 41, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

ASPANAES
Rúa Vilar Pontes, 1, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Grafiti literario
Av. Coruña, 19, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

A Xanela / Artpo
Rúa Rego do Campo, 5, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

O tren
Rúa Rego do Muiño, 32, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Outono máxico
Av. Ortigueira, 14, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Xaquín das Herbas
Av. da Habana, 123, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Diego G. Cereijo
Poblado da Fraga, D4, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Luis Davila
Rúa Otero Pedrayo, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Rubén / Iván
Av. Ortigueira, 82, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Wedo
Av. Galicia, 48, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

 

Yoseba MP
Av. Galicia, 76, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Leo López
Av. Castelao, S/N, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Lula Goce
Rúa Rego do Campo, 32, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Miguel Peralta
Av. Galicia, 3, 15328 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Sekone
Praza Hospital, 13a, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Suk Ha
Unnamed Road, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Delio Rodríguez
Poboado do Barreiro, 62, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Judith Cao
Av. Galicia, 69, 15328 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Federica Di Tizio
Rúa Rego do Campo, 2, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Carol / Isa
Rúa Monte Caxado, 12, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Radio Eume
Av. Ferrol, 49, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Capacidades
Av. Coruña, 19, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Dous pobos
Rúa Real, 4, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Xaquín
Rúa Chamoselo, 14, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Lavandeiras
Rúa Chamoselo, 26, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Juan Prieto
Rúa Camiño da Mina, 9, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Lucía Escrigas
Av. Ferrol, 19, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Mario Vérez
Av. de Vilalba, 7, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Nove Noel
Av. Ortigueira, 13, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Oda á muller
Av. Galicia, 56, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Rubén Moledo
Poblado da Fraga, 5, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Comeluz
AC-119, 49, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Wedo
Av. Galicia, 96, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Diego Cereijo
Rúa Iglesia, 29, 15328 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Banco dos bicos
Av. Ferrol, 35, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Luis Davila II
Rúa Rego do Campo, 29, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Outono máxico II
Av. Ferrol, 17, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España