Homenaxe a “Xaquín das Herbas”

Homenaxe a “Xaquín das Herbas”

XURXO GUITIÁN | VECIÑOS/AS DAS PONTES | VISITANTES DAS PONTES

XURXO GUITIÁN

Esta peza deseñada por Xurxo Guitián é un mosaico ou collage fotográfico composto de 2809 teselas que forman a figura dun veciño mítico e misterioso: “Xaquín das Herbas”.

A historia deste home é todo un enigma, estando regada de mitos e crenzas populares que perduran a día de hoxe na memoria colectiva da comunidade local. Sospeitase que procedía dalgún lugar das provincias de Pontevedra ou Lugo, e que era un canteiro anarquista que probablemente fuxira do seu fogar por mor da Guerra Civil, e que viviu na vila das Pontes dende o ano 1936 ata a súa morte en 1958. O que si é seguro é que continúa a ser unha figura histórica moi popular e moi querida entre os habitantes das Pontes.

Para poder realizar esta homenaxe colectiva contouse coa colaboración de máis de 800 persoas, a maioría veciñas e veciños, que enviaron as súas fotos ou achegáronse pola “Feira de Fungos e Cogomelos”. Algunhas das persoas participantes nesta peza, eran coetáneos de Xaquín das Herbas, e explicáronnos anécdotas da súa vida: desde os que lle levaban comida aos que recoñecían abertamente que o seu aspecto lles daba medo, e que segundo se conta, vivía ao marxe da sociedade; fabricándose el mesmo a roupa con peles, alimentándose a base de insectos, herbas e raíces, e durmindo no oco dun carballo ao carón da ponte romana no barrio do Chamoselo.

De Xurxo Guitián gústannos moito as cousas que fai, pero aínda máis o seu xeito de facelas. A súa biografía é un claro exemplo disto. Así é como se presenta: “Aínda que da quinta do 69, en realidade nacín 14 anos despois de vir ao mundo. O meu nacemento, despois de vivir 2 anos en Coruña e 12 en Vigo, aconteceu en Vedra, polo que me penso Ullán. Traballei nun xornal sen ser xornalista, andei en leas sindicais sen ser sindicalista, fixen viño sen ser viticultor, e agora saco fotos e conclusións. Se xogase aos tronos o meu lema sería “por la boca muerde el pez”.

E así nos trasmite a súa experiencia participando no “As Pontes enPEZAS”:

“Sir Isaac Newton, sentíndose adulado polo recoñecemento aos seus méritos, nunha célebre mostra de humildade dixo “se conseguín ver lonxe é porque estou sentado sobre os hombreiros de xigantes”. Rendía así homenaxe aos científicos que lle precederon, recoñecendo que sen as súas aportacións nada podería ter conseguido.

Quizais Xaquín non fose el mesmo un xigante, nin ningunha das persoas coas que, individualmente, se cruzou na súa vida, pero todas xuntas representan o sentimento de colectividade que fai que o mundo avance e que unha vila como As Pontes prospere. Os xigantes das Pontes non son só as chemineas da térmica (máis propias, quizá, do Quixote) senón os homes e as mulleres que nos precederon”.

O mosaico fotográfico na honra de “Xaquín das Herbas” está localizado na Avenida da Habana, na Marquesina do Poboado do Barreiro

Tamén o podes visitar na seguinte páxina: xaquin.estapaxina.es

 

PARA SABER MÁIS

Title Address Description
Alfombra
Av. Ferrol, 41, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

ASPANAES
Rúa Vilar Pontes, 1, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Grafiti literario
Av. Coruña, 19, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

A Xanela / Artpo
Rúa Rego do Campo, 5, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

O tren
Rúa Rego do Muiño, 32, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Outono máxico
Av. Ortigueira, 14, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Xaquín das Herbas
Av. da Habana, 123, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Diego G. Cereijo
Poblado da Fraga, D4, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Luis Davila
Rúa Otero Pedrayo, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Rubén / Iván
Av. Ortigueira, 82, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Wedo
Av. Galicia, 48, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

 

Yoseba MP
Av. Galicia, 76, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Leo López
Av. Castelao, S/N, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Lula Goce
Rúa Rego do Campo, 32, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Miguel Peralta
Av. Galicia, 3, 15328 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Sekone
Praza Hospital, 13a, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Suk Ha
Unnamed Road, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Delio Rodríguez
Poboado do Barreiro, 62, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Judith Cao
Av. Galicia, 69, 15328 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Federica Di Tizio
Rúa Rego do Campo, 2, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Carol / Isa
Rúa Monte Caxado, 12, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Radio Eume
Av. Ferrol, 49, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Capacidades
Av. Coruña, 19, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Dous pobos
Rúa Real, 4, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Xaquín
Rúa Chamoselo, 14, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Lavandeiras
Rúa Chamoselo, 26, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Juan Prieto
Rúa Camiño da Mina, 9, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Lucía Escrigas
Av. Ferrol, 19, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Mario Vérez
Av. de Vilalba, 7, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Nove Noel
Av. Ortigueira, 13, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Oda á muller
Av. Galicia, 56, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Rubén Moledo
Poblado da Fraga, 5, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Comeluz
AC-119, 49, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Wedo
Av. Galicia, 96, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Diego Cereijo
Rúa Iglesia, 29, 15328 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Banco dos bicos
Av. Ferrol, 35, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Luis Davila II
Rúa Rego do Campo, 29, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Outono máxico II
Av. Ferrol, 17, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España