Luis Davila

“Dora, A ghreleira”

0 luisdavila opt

Artista entre artistas, Luis Davila é un mestre da viñeta, da ilustración e do humor, sempre 100% galego, sempre retratando a nosa retranca. El, xunto con María Acuña, foi quen inaugurou o proxecto “As Pontes enPEZAS”, cun mural alegórico das mulleres galegas: Dora, a ghreleira.

A súa peza fai referencia a unha muller gherrilleira que camiña pola horta ao berro de “sacho, grelos e rocanroll”. Vai pedindo con forza o sacho, con referencia á tradición, ao vínculo do grelo coa localidade das Pontes e a modernidade do rock and roll.

Esta é a opinión de Luis Davila sobre o proxecto de “As Pontes enPEZAS”:

“É unha iniciativa bestial. Mola moito e é moi interesante, sobre todo o feito de que participen diferentes disciplinas, que sexa multicultural. Todas as intervencións en espazos urbanos humanizan e o muralismo está moi ben porque a xente achégase, comenta e participa, sobre todo os máis pequenos, que tiran de sinceridade”.

O mural de Luis Davila está na entrada da Piscina Municipal, na Rúa Sergio Rivera Chao, número 13. Ver ubicación.

Scroll ao inicio