Luis Davila e María Acuña

“Cogumelos retranqueiros”

0 LuisDavilaII 1 1024x768

Non é a primeira vez que Luis Davila e María Acuña aterran en As Pontes, de feito foron quen inauguraron coa súa obra o proxecto As Pontes enPEZAS no ano 2017, Dora a ghreleira, dedicada ás mulleres galegas.

Esta vez, volveron con motivo da XXX Feira de Fungos e Cogomelos a deixarnos un mural micolóxico, protagonizado por Carmela Cantarela –mascota oficial da Feira– e o resto de setas personificadas creadas polo autor. O mural ten o formato de tira cómica propio do artista, sempre caracterizado pola súa retranca e o seu humor do país, 100% galego.

A PEZA realizouse durante o transcurso da Feira, polo que moita xente puido achegarse a ver o proceso da súa obra e falar cos artistas. Entre eles, nenos e nenas de As Pontes, que tiveron ocasión de coñecelos e resolver todas as súas curiosidades. Deste xeito, deixan de novo a súa pegada no proxecto en forma de PEZA, proximidade e humor.

Luis Davila fala así da súa obra nunha entrevista:

«A idea era darlle máis cor se cabe á festa dos cogomelos e a temática xira arredor desa cita, que será esta fin de semana. A intervención é sobre a micoloxía, pero mesturándoa co humor dos personaxes que fago eu tódolos días».

Esta peza pode visitarse na Rúa Rego do Campo (Rotonda do Sete camiños). Ver ubicación.

Scroll ao inicio