Carolina Díguele e Isabel O’Connor

“O feitizo do Samaín”

9 opt

Existe un recuncho na Canle IV no que dende hai moitos anos, habita unha estrutura cilíndrica de dimensións rechamantes, pero que contrariamente, sempre pasou desapercibida. Unha tarde de verán empezou a transformarse; primeiro apreciábase unha cor branca por toda a estrutura e de pronto, comezou a aparecer unha cor vermella na parte superior. Axiña se percibiu o que o realmente era aquelo: un fungo con usos máxicos, unha amanita muscaria.

As amanitas muscarias son coñecidas por ser fungos tóxicos. Dende hai moitos anos, son empregadas en rituais chamanísticos como alucinóxenos. Estas son facilmente recoñecibles polo seu sombreiro vermello de pintas brancas. Ademais, conta a lenda, que coa chegada da lúa chea, as meigas saían a danzar en círculo e que naqueles lugares onde pisaban, nacían fungos da noite para mañá formando un círculo. Esta formación foi popularmente nomeada como “corro de bruxas” ou “fairy ring” e aínda hoxe en día hai quen pensa que dá mala sorte pisar dentro deles.

As responsables de crear este espazo máxico foron Carolina Díguele e Isabel O´Connor, artistas xa veteranas no proxecto e expertas en dar vida aos espazos nos que interveñen. Esta vez traballaron man a man nunha PEZA propia, chea de mitos, maxia, meigas e fadas, que deixou abraiadas a todas as persoas que transitaban pola zona.

Isabel e Carolina xa demostraron as súas grandes dotes artísticas no enPEZAS, empregando a técnica do yarn bombing (graffiti con fíos) nos seus “Outonos máxicos” en 2017 e 2019. Nesta ocasión, amosaron a súa versatilidade, estreándose no muralismo, tanto na coordinación da PEZA colectiva “Oda á muller” como nesta PEZA de autor. Ambos resultados saltan á vista, xa que semella que non hai soporte ao que non podan sacar o encanto e transformar en arte.

Deste xeito tan poético narra Carolina “O feitizo do Samaín”:

Druida, meiga, hada, feiticeira.
En un “corro de brujas”,
bajo la luz de una luna quebrada,
sucede la magia.
Conectada a la Amanita Muscaria
a través de su pelo trenzado,
y rodeada por seres luminosos,
nos muestra el portal por el que los espíritus vienen a visitarnos
la noche del 31 de octubre al 1 de noviembre.
Día que marca el final de la temporada de cosecha en el calendario celta
y comienza la mitad oscura del año.

Esta peza pode visitarse na Avenida Monte Caxado na Canle IV. Ver ubicación

Carolina Díguele

Isabel O’Connor

Scroll ao inicio