Federica Di Tizio
“As Pontes no cretáceo”

Durante os traballos mineiros de extracción de carbón nas Pontes, descubríronse moitos fósiles que permitían aproximar, que hai millóns de anos, onde agora está a vila de As Pontes, había unha gran lagoa chea saurios.
A partir desta premisa, a artista Federica Di Tizio inspirouse para realizar a súa PEZA mural nunha das rúas peonís da vila. A súa PEZA, ademais de histórica e educativa, non pasa desapercibida para as persoas que pasan por alí, xa que está dotada dunhas cores que alegran a vista e unha composición moi atractiva.
En palabras de Federica:
«A idea era imaxinar como era As Pontes nesta época. Así que aparecen animais e plantas que, moi doadamente, podían estar aquí durante o cretáceo. Xa que ninguén pode saber a ciencia certa a verdadeira cor dos dinosauros, escollemos cores de fantasía co fin de crear unha atmosfera coloreada que encaixara á súa vez nas coas cores da rúa onde se atopa o mural.»
Federica Di Tizio é unha artista italiana con base en Galicia, debuxante de cómics e ilustradora infantil. Formouse na Academia Fumetto di Pescara e, dende o 2005, traballou como ilustradora e character designer freelance, colaborando con editoras de Europa, Asia e EEUU.
Esta peza pode visitarse na Rúa Rego do Campo 2. Ver ubicación
+ info:





