A. L. Crego

“Ciclo combinado”

A idea deste peza de arte dixital ou gif-art, é o ciclo de varias xeracións criadas nas Pontes, onde o eixo central foi a minería de carbón. A día de hoxe, a industria reconverteuse e as novas xeracións medradas alí nos anos 70, 80 e 90, rediríxense a outras actividades profesionais. De aí, o xogo de palabras “ciclo combinado”, referíndose ao encaixe laboral e social entre as distintas xeracións.

O artista, sempre reflexivo consigo mesmo e co mundo que lle tocou vivir, deseñou esta obra dixital para o “As Pontes enPEZAS” expresándonos as súas raíces pontesas. Para iso utiliza, figurativamente, unha máquina de extracción de carbón galego. Décadas atrás, As Pontes contaba con enormes máquinas escavadoras trallando na mina, que desde o seu peche definitivo, acolle a un inmenso lago. Unha peza máis que representa o patrimonio industrial inmaterial local, que segue presente na memoria colectiva, e que recuperou nesta peza, a vida por medio da animación.

A.L. Crego, é un artista dixital  e un poeta visual, inmerso en proxectos de arte urbana, fotografía, animación, música e literatura por todo o mundo. Na actualidade, é un dos artistas españois máis influintes en gif-art. Sorprendente e brillante, A.L.Crego consigue facernos reflexionar sobre as cousas máis insospeitadas, empregando e expresándose a través de píxeles que libera no mundo chamado internet.

Scroll ao inicio