Pili Carballeira e as súas alumnas

“Xaquín das Herbas e o seu carballo”

10. pili carballeira xaquín das herbas

Xaquín das Herbas foi un personaxe da vila enigmático á par que popular. A pesar de que son poucas as cousas que se saben de el e non moitas as persoas que o recordan, continua xerando expectación e grandes teorías sobre a súa persoa, e aínda que con moitas incertezas, as súas historias e anécdotas seguen pasando de xeración en xeración.

Sospéitase que Xaquín das Herbas procedía dalgún lugar das provincias de Pontevedra ou Lugo, e que era un canteiro anarquista que probablemente fuxira do seu fogar por mor da Guerra Civil. Tamén se di que puido ser un brigadista italiano descendente dunha familia de importantes farmacéuticos de Milán, propietarios de Laboratorios Carlo Erba. Do que si temos constancia, é de que viviu na vila das Pontes dende o ano 1936 ata a súa morte en 1958, e que continúa a ser unha figura histórica moi popular e moi querida entre a veciñanza das Pontes.

Segundo as lembranzas e falares das nosas e nosos maiores, Xaquín das Herbas malvivía no barrio do Chamoselo; algunhas veces durmía en palleiras e outras, nun enorme carballo que había pegado ao río Chamoselo, o cal tiña un oco moi xeitoso para acomodarse. As veciñas e veciños deste lugar gardan moi bos recordos deste personaxe, polo que solicitaron que se realizase este mural no barrio no que pasou tantos anos.

A encargada desta PEZA foi a profesora de pintura da vila, Pili Carballeira, quen xunto a un grupo de alumnas, retrataron a este personaxe e á súa famosa árbore. A peza mural foi moi aclamada pola veciñanza, que todos os días se paraban a falar coas artistas para agradecerlles o seu magnífico labor.

Esta peza colectiva está situada na Rúa do Chamoselo número 12. Ver ubicación.

+ info:

Scroll ao inicio