Carolina Díguele, Isabel O’Connor e veciñas das Pontes
“Outono máxico II”

Outras das artistas que repetiron este ano, foron as veciñas de As Pontes guiadas por Carolina Díguele e Isabel O´Connor, facéndonos revivir de novo un Outono Máxico.
A peza instalouse o sábado 26 de outubro no Parque Municipal Campo da Feira -aproveitando o inicio da XXX Feira de Fungos e Cogomelos- coa intención de deixala permanentemente ata o seu deterioro. Trátase dunha PEZA única que enche de cores e vida o parque, dotándoo dun compoñente máxico que te traslada a un entorno de conto. Durante esta data, o Outono Máxico converteuse nun photocall improvisado para todas aquelas persoas que se achegaron a velo, sendo numerosas as fotografías sacadas no banco máxico, recentemente adornado.
A confección desta PEZA ocupou un tempo moi importante para as súas creadoras, dende finais do mes de setembro ata a data da súa instalación. Na súa creación participaron persoas de todas as idades dende nenas a mulleres de idade avanzada, colaborando entre elas activamente para preparar o noso Outono Máxico.
As técnicas empregadas na súa confección son clásicas, mesturando a calceta, o ganchillo ou a costura. Sen embargo, son moi novidosas na esfera artística e no mundo do “graffiti”, causando entre a veciñanza, gran expectación.
Coa chegada do Nadal, a peza outonal mudou nunha peza en forma de árbore do Nadal, que serviu como elemento decorativo na Casa Dopeso acompañando a toda a xente que pasase pola rúa, coas súas cores e a súa luz.
Así describe Carolina Díguele a peza:
«Un recuncho onde ser feliz un momento.
Unha fantasía habitable.
Un lugar para imaxinar.
Un anaco de ilusión de cada tecedora.
Cores que fan visible o invisible.»
«Isto é o resultado de moitas horas de traballo de moitas persoas, moita ilusión e dedicación para formar parte desta Peza…»
Esta peza colaborativa foi realizada no Parque Municipal “Campo da Feira”
+ info:
Carolina Díguele
Isabel O’Connor








