Colectivo mulleres, Carolina Díguele e Isabel O’Connor

“Oda á muller”

7 Opt 18

Aquí estoy, ahora, siempre.
Con lo que fui.
Con lo que seré.
Con lo que arrastro.
Con lo que siembro.
Transformando el dolor en fuerza.
Aprendiendo a ser la que soy.
Ganando batallas internas.
Perdiendo miedos.
Cerrando grietas.


Carolina Díguele

Cando lles pedimos a quince mulleres da vila que describisen, nunha palabra, o que era para elas ser muller, as respostas foron variadas: forza, liberdade, sensibilidade, traballo, vida, marabilla… Cando lles preguntamos polas súas calidades como artistas, aseguraron que non tiñan ningún tipo de coñecemento ou talento, pero que non lles amargaba nada mancharse. Sen embargo, cando xuntas a quince grandes mulleres con tantas ganas, o resultado so pode ser: unión, empoderamento e arte.

Andrea, Natalia, Concha, Ana, Vanessa, Graciela, Sol, Marisa, Carmen, Paula, Mía, Manuela, Carolina, Isabel e Maca, son as creadoras desta PEZA mural colectiva dedicada á muller, a cada unha das mulleres que o contempla. Na súa PEZA representan as etapas da vida das mulleres e o que as caracteriza: a sabedoría, vivencias e loita das mulleres de antes; a loita, medos e batallas, que aínda lles quedan por gañar ás mulleres de agora, pero tamén a forza e calma que lles transmitiron as súas antepasadas e todo o bo que sementan nas que serán as mulleres do futuro. Tamén falan da sororidade entre as mulleres, a conexión entre elas sen importar aspectos como a idade ou a etnia cultural. Fala delas e da súa historia, fala de todas as mulleres.

O mural foi unha iniciativa do Centro de Información á Muller (CIM) e a Concellería de Benestar Social, Igualdade, Educación e Xuventude do Concello das Pontes, foi coordinado polo equipo de sociólogas de DELOGA e polas artistas locais Carolina Díguele e Isabel O´Connor, responsables de realizar o deseño a partir das ideas de todas as integrantes.

Pode ser que ao comezo da experiencia, non tiveran coñecementos artísticos (ou non soubesen que os tiñan), pero tras ver o resultado, é evidente que talento, ganas e bo facer hai de sobra en todas elas.

Esta peza pode visitarse na Avenida de Galicia con Rúa Alexandre Bóveda. Ver ubicación

+ info:

Carolina Díguele

Isabel O’Connor

Scroll ao inicio