Edu Hermida e Alumnado do IES Moncho Valcarce e IES Castro da Uz

“O tren que me leva pola beira da vila”

0 otren opt

Esta peza mural contou con dous perfís de participantes, un artista consagrado: Edu Hermida cuxo papel foi o de “condutor artístico da locomotora” e o das rapazas e os rapaces dos dous institutos locais (IES Castro da Uz e IES Moncho Valcarce) como “aprendices incansables”, sempre coa compaña das mestras de educación artística dos dous centros.

O deseño foi ideado por Edu Hermida e nel quixo plasmar o movemento que representa o pasado do transporte mineiro e o futuro simbolizado nas caras da xuventude das Pontes. Para iso, utilizáronse diversas técnicas, como foron a pintura, o spray, o collage e a técnica action painting.

Unha mostra de pintura mural áxil e esencial; directa e simple; que intenta mostrar o carácter ilustrativo e simbólico complementario ás palabras e, sobre todo, un traballo de “aprender facendo”.

Edu Hermida, artista ferrolán multidisciplinar e promotor do proxecto cultural e artístico as “Meninas de Canido”, composto por máis de 20 versións do cadro de Velázquez, resumía así a súa colaboración no “As Pontes enPEZAS”:

Sempre é moi grato ver pintar aos máis mozos, pois compensan as súas carencias técnicas coa parte emocional coa que dotan os seus traballos, destacando a pureza das cores e a esencia das pinceladas. Foi un fermoso traballo participativo e comunitario, que máis que a estética, tanto ten un enorme valor a involucración social e a participación educativa”.

Pódese atopar esta peza colaborativa na curva do Rego do Muíño número 30. Ver ubicación

Scroll ao inicio