Lady Falcón

Lady Falcón

YOSEBA MP

VER UBICACIÓN

YOSEBA MP

Joseba Muruzábal, alias Yoseba MP, é un artista cambrés afincado en Santiago de Compostela, que está a revolucionar o muralismo en Galicia, tanto pola mestura de estilos realistas con influencias surrealistas, como pola súa reinvindicación das avoas rurais galegas como superheroínas, dotadas de poderes sobrehumanos a través das súas pinceladas.

A súa traxectoria profesional está pragada de recoñementos e galardóns: gañador do certame de Novos Valores da Deputación de Pontevedra (2009), mellor artista galego na Bienal Eixo Atlántico (2010), primeiro premio do V Certame de Pintura Arte Nova Galega (2012), así como numerosas participacións en mostras, exposicións itinerantes, cursos e exposicións.

Despois de colaborar en diversos festivais galegos de arte urbana (Rexenera Fest de Carballo, Desordes Creativas de Ordes ou Muros do Nórdes de Muxía) non podía faltar no proxecto de “As Pontes enPEZAS”, unha obra da súa serie de murais ‘Fenómenos do rural’, dedicado ás superavoas rurais galegas, con mandilón e superpoderes.

Nesta ocasión a súa musa local foi “Carmen a da Depuradora”, unha extraordinaria muller de 95 anos, provista de entre outros superpoderes, o da memoria e o sentido do humor. A conexión entre ambos foi ao instante, xa que Carmen gáñate enseguida co seu carisma, feito que Yoseba MP soubo transmitir á perfección na súa peza.

O depósito da auga é un elemento cotiá en moitas casas do rural de Galicia e, no caso de Carmen, forma parte da súa esencia, xa que vivíu a maior parte da súa vida na casa-depuradora construída a mediados do século XX pola empresa eléctrica e mineira Calvo Sotelo, na que traballaba o seu marido levando o mantemento da calidade das augas que bebían as familias do Poboado das Veigas.

En canto as setas (amanitas muscarias) da cesta que leva Carmen na cabeza, representan o secredo da súa lonxevidade, “95 anos de bo humor”, así como a relación da comunidade local coa micoloxía, que organiza desde o ano 1987 a “Feira de Fungos e Cogumelos”, unha das exaltacións gastronómicas máis inxeniosas e lúdicas de Galicia.

Así contaba Yoseba MP a súa experiencia co proxecto:

“As Pontes enPEZAS ofreceume a oportunidade de coñecer a este amor de muller. Teño que recoñecer, que nun comezo pareceume un pouco  maior para facer a idea que tiña pensada pero a carismática modelo convenceume do contrario ao minuto (…). Carmen empezou a falar, cando era pequena ía con frecuencia alí a recoller landras para os seus cochos, cando me din conta estaba camiñando detrás dela escoitando, e vendo con que facilidade se agachaba para recollelas (…). O día que rematei de pintar, fun a comer con ela, comprobei a alegría do seu apetito, “cos postizos xa non mordo como antes” murmurou mentres pelexaba cun anaco de empanada que revolvía na súa boca, “eu comer como todo o que quero, e ti come neniño que non comes nada”, o típico, estás a rebentar pero non comes nada, convencida da miña fame preparoume dous bocadillos para levar, un de tortilla e outro de xamón e queixo”.

A peza de Yoseba MP está localizada na Avenida de Galicia nº 76.

 

PARA SABER MÁIS

Alfombra

Alfombra

Av. Ferrol, 41, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

ASPANAES

ASPANAES

Rúa Vilar Pontes, 1, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Grafiti literario

Grafiti literario

Av. Coruña, 19, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

A Xanela / Artpo

A Xanela / Artpo

Rúa Rego do Campo, 5, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

O tren

O tren

Rúa Rego do Muiño, 32, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Outono máxico

Outono máxico

Av. Ortigueira, 14, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Xaquín das Herbas

Xaquín das Herbas

Av. da Habana, 123, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Diego G. Cereijo

Diego G. Cereijo

Poblado da Fraga, D4, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Luis Davila

Luis Davila

Rúa Otero Pedrayo, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Rubén / Iván

Rubén / Iván

Av. Ortigueira, 82, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Wedo

Wedo

Av. Galicia, 48, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Yoseba MP

Yoseba MP

Av. Galicia, 76, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España