Hai un galego na lúa

Hai un galego na lúa

WEDO

WEDO

A peza muralística de Wedo ten un significado moi literal, xa que pretende evocar no espectador esa sensación de morriña, acompañado da retranca galega -a dunha vaca-, ben mantidiña, pacendo pedras. Unha metáfora que nos tempos que corren, fainos reflexionar sobre a sociedade actual, coa falsa saciedade coa que nos conformamos e desfrutamos.

Traballar in situ, sen apenas referencias fotográficas, fixo que o deseño orixinal de Wedo, sempre estivese aberto a sufrir cambios, e terminase sendo moi distinto do bosquexo inicial. Sen esperalo, a historia do lugar, cobrou vida no muro. Resulta, que no solar do mural, houbo moitos anos antes a típica casa galega, co cortello dos animais na planta baixa e a vivenda na parte superior, e incluso durante o século XX foi unha carnicería. O autor valorou que esas fermosas historias ben se merecían unha homenaxe, e que a vaca rubia galega volvese a pacer neses lares.

E como as casualidades sempre son poucas, veu sendo que os propietarios do muro, tiñan vínculos familiares co artista. Isto é o que ten ser dun pobo, nunca sabes onde paran as túas raíces familiares.

Edgar Goás Blanco, alias Wedo, é un artista pontés emigrado en Barcelona, que desprende talento e humanidade a partes iguais. A súa sensibilidade exprésase nos temas escollidos nas súas obras como: a situación do medioambiente, a sociedade de consumo ou a diversidade cultural.

A súa humildade e creatividade tamén son palpables cando lle pedimos que nos presente a súa peza e a el mesmo:

“En canto á peza, foi o muro horizontal o que impuxo tanto a idea como a composición, así como as veciñas e veciños que pasaban por diante del contando a historia da casa que ocupara anteriormente aquel solar. A idea de partida centrábase nos galegos que andan lonxe da casa, aínda que estean tan só a mil quilómetros parécenos un mundo”.

“E eu, pois son un humano do ano 1990 que aínda non aprendeu a falar e nunha continua procura da linguaxe que descoñece. O proceso, os materiais, o espazo, a luz… O medo, a rabia, as inxustizas, a felicidade, os recordos… Todo se mestura, se moldea e se fusiona”.

A peza está na Avenida de Galicia, no número 48

 

PARA SABER MÁIS – edgobla.wixsite.com/wedo/los-recuerdos-y-los-recursos-del-ob

Title Address Description
Alfombra
Av. Ferrol, 41, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

ASPANAES
Rúa Vilar Pontes, 1, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Grafiti literario
Av. Coruña, 19, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

A Xanela / Artpo
Rúa Rego do Campo, 5, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

O tren
Rúa Rego do Muiño, 32, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Outono máxico
Av. Ortigueira, 14, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Xaquín das Herbas
Av. da Habana, 123, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Diego G. Cereijo
Poblado da Fraga, D4, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Luis Davila
Rúa Otero Pedrayo, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Rubén / Iván
Av. Ortigueira, 82, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Wedo
Av. Galicia, 48, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Yoseba MP
Av. Galicia, 76, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España