Graffiti literario

Graffiti literario

ALALÁ / RUBÉN MOLEDO / DECIBREIRO

VER UBICACIÓN

Esta peza colectiva, cen por cen pontesa, xurdiu dun experimento creativo que logrou fusionar estilos moi diversos de interpretar a realidade a través da arte. Mesturouse a poesía e o graffiti, empregando técnicas atemporais como: o cadáver exquisito -ideado polos surrealistas franceses nos anos 20 do século pasado-, con procedementos de expresión da arte urbana máis social, como o stencil (plantillas recortadas) pintado a spray.

O froito desta colaboración das poetisas e os poetas do  Grupo Alalá e o grafiteiro Rubén Moledo, foi bautizada co nome “Graffiti literario”, e atópase nas escaleiras que levan dende o rúa Coruña ata a praza de América, ao pé da biblioteca municipal “Enrique Rivera Rouco”. 

A peza poética xestada colaborativamente di así:

O tempo turra dilatando o estío. 
Retrasa o baile da chuvia nas tellas.
O azul do ceo esborrexe polos ollos
e na ribeira busco os teus beizos orfos.
Dende a ponte observo a liña que se estende
maxinando pletórico unha Vila poetizada
que brille baixo o fulgor das estrelas”.

Grupo Poético Alalá é unha agrupación literaria formada por: Gloria David, Aníbal Ánxel, Santiago del Moral, Ofelia López, Montse Pardo, Silvia Pardo e Mari Carmen Freire, tendo como alma do grupo a Anabel Alonso, bibliotecaria das Pontes. O colectivo foi fundado no ano 2003, e a pesar de ser un grupo heteroxéneo comparten una mesma paixón: escribir versos en lingua galega.

Ademais de promover e organizar dous recitáis poéticos anuais, o grupo é asiduo en actividades que fomenten a cultura como: a celebración do Día das Letras Galegas, obradoiros de creación poéticas nos centros de ensino, así como prestándose a colaboracións con outros colectivos culturais como: o grupo fotográfico Reollo, a asociación de pintura ArtPo ou o Conservatorio Municipal de Música.

Rubén Moledo, é un artista pontés dos pés á cabeza, un artista multidisciplinar. A súa paixón desde neno é o graffiti, e acompáñao de aerografías, de debuxos e de boa música, porque para el graffitear muros non é só o seu traballo, tamén é un xeito de expresarse e de entender a vida.

O “Graffiti literario” é visitable nas escaleiras ao pé da Biblioteca Municipal

 

PARA SABER MÁIS – www.qwertymagazine.com/grupo-poetico-alala

Alfombra

Alfombra

Av. Ferrol, 41, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

ASPANAES

ASPANAES

Rúa Vilar Pontes, 1, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Grafiti literario

Grafiti literario

Av. Coruña, 19, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

A Xanela / Artpo

A Xanela / Artpo

Rúa Rego do Campo, 5, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

O tren

O tren

Rúa Rego do Muiño, 32, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Outono máxico

Outono máxico

Av. Ortigueira, 14, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Xaquín das Herbas

Xaquín das Herbas

Av. da Habana, 123, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Diego G. Cereijo

Diego G. Cereijo

Poblado da Fraga, D4, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Luis Davila

Luis Davila

Rúa Otero Pedrayo, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Rubén / Iván

Rubén / Iván

Av. Ortigueira, 82, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Wedo

Wedo

Av. Galicia, 48, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Yoseba MP

Yoseba MP

Av. Galicia, 76, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España