As Pontes, de mina a lago

As Pontes, de mina a lago

DIEGO CEREIJO

VER UBICACIÓN

DIEGO CEREIJO

Este mural foi realizado empregando a técnica stencil (literalmente, plantilla) plasmando un deseño do autor da peza, Diego G. Cereijo. Como el mesmo nos explicou, o seu obxectivo é principalmente estético, e pretende representar dun xeito positivo e colorido, a transformación do modo de vida do pobo de As Pontes desde o peche da mina de carbón en 2007 e a súa rexeneración como un inmenso lago no que a xuventude desfruta e viaxa cara un futuro, sempre apoiado no seu pasado mineiro.

A técnica do stencil permite adherir o boceto á superficie da parede e pintar dun xeito rápido e eficaz as cores que dan forma á composición artística. Habitualmente nesta técnica aplícase pintura en spray, pero nesta ocasión empregouse pintura acrílica, e ata 20 probas de cor foron precisas para conseguir as tonalidades desexadas polo creador desta peza; o que xa é indicativo da complexidade e perfeccionismo procurado.

Diego G. Cereijo, ten as súas raíces en San Cibrao-Cervo (Lugo), pero vive e traballa nas Pontes desde o 2015, de onde di sentirse un veciño máis do Poboado da Fraga. Precisamente o barrio escollido para a súa intervención artística dentro do proxecto “AsPontes enPEZAS”.

Diego é un creador de beleza, pero non se considera artista, e iso que leva debuxando e deseñando carteis, logotipos, invitacións, fotografías… desde a súa infancia na Mariña. Fai tres anos probou a trasladar os seus bocetos a tamaño mural, coa excusa do certame das “Meninas de Canido” (Ferrol), e a experiencia resultoulle tan boa que quedou con ganas permanentes de seguir explorando esta disciplina.

Cando se lle pregunta pola súa peza “AsPontesDeMinaAlago” estes son os seus argumentos:  

“Non me gustaría aportar unha explicación pola miña parte. O obxectivo está conseguido se se consegue que os veciños se paren a ollar e esperten neles algunhas sensacións. As que sexan. Como dixen, o obxectivo é principalmente estético, aínda que eu precise dalgún punto de partida para dar forma ao deseño”.

A peza está na Avenida da Habana, na Marquesina do Poboado da Fraga

 

PARA SABER MÁIS

Alfombra

Alfombra

Av. Ferrol, 41, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

ASPANAES

ASPANAES

Rúa Vilar Pontes, 1, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Grafiti literario

Grafiti literario

Av. Coruña, 19, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

A Xanela / Artpo

A Xanela / Artpo

Rúa Rego do Campo, 5, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

O tren

O tren

Rúa Rego do Muiño, 32, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Outono máxico

Outono máxico

Av. Ortigueira, 14, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Xaquín das Herbas

Xaquín das Herbas

Av. da Habana, 123, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Diego G. Cereijo

Diego G. Cereijo

Poblado da Fraga, D4, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Luis Davila

Luis Davila

Rúa Otero Pedrayo, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Rubén / Iván

Rubén / Iván

Av. Ortigueira, 82, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Wedo

Wedo

Av. Galicia, 48, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Yoseba MP

Yoseba MP

Av. Galicia, 76, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España