Outono máxico

Outono máxico

CAROLINA DÍGUELE / ISABEL O'CONNOR / VECIÑAS DAS PONTES

VER UBICACIÓN

CAROLINA DÍGUELE / ISABEL O’CONNOR

Empregando a técnica rebautizada como “graffiti con fíos”, esta obra de arte pública foi a que implicou a máis persoas na súa realizacción, 50 persoas entre os 5 e os 85 anos, e case todas mulleres que enfiaron as súas agullas para dar vida a un recuncho do “Campo da Feira”.

A instalación artística elaborada a ganchillo e a calceta foi presentada ao público o 28 e o 29 de outubro, coincidindo coa Feira de Fungos e Cogomelos; pero a súa confección iniciouse un mes antes, coa preparación dos patróns a confeccionar e cun reparto semanal do traballo, coordinado polas artistas locais Carolina Díguele e Isabel O´Connor.

O resultado final do primeiro yarnbombing ou instalación feita con fíos realizada nas Pontes, foi un collage cheo de elementos outonais como cogomelos, follas, pingas de auga, fungos, castañas e ata cestas e manteis para ir de merendola. E como a data coincidiu co ancestral entroido ou samaín, non podían faltar dúas arañas nunha enorme tea e o logo de “As Pontes enPEZAS” como marca da casa das tecedoras.

A peza “Outono máxico” foi máis que unha instalación urbana que nos alegrou a fin de semana de Feira de Fungos e Cogomelos. Convertiuse nunha demostración de que é posible facer arte urbano con calquera material, inclusive con técnicas tan antigas como a calceta e o ganchillo. E o máis fermoso, que foi unha obra executada por artistas que non sabían que o eran. Porque esta peza tivo moito de empoderamento, tanto feminino como interxeracional. Mulleres de todas as idades (inclusive tres xeracións da mesma casa), unidas cun fin común, expresarse a través dunha acción creativa, reivindicativa e, por riba de todo, colectiva.   

As directoras de todo este despliegue de creatividade exprésano desta maneira:

“Experiencia maravillosa polo entusiasmo de 50 personas implicadas e con ganas de facer máis instalacións nun futuro. Coñecimos a moita xente maravillosa que nos deu moitísimo cariño e esperamos poder repetir pronto”.

Carolina Díguele, é entre moitas outras cousas, unha artista, fotógrafa, deseñadora, tecedora e artesana das Pontes, que o que se propón consígueo. Actualmente gáñase a vida co seu taller de multi-creación Coralín Colorado.

Isabel O’Connor, mente creativa e inquieta culturalmente, adícase ao interiorismo, pero sempre atopa tempo, para a participación en proxectos artísticos desde ambientación de eventos, montaxe de decorados, confeccións de vestiarios ou  escenificar unha obra teatral.

Esta peza colaborativa foi realizada diante da Casa do Concello, no Parque Municipal “Campo da Feira”

 

PARA SABER MÁIS – coralincolorado.com

Alfombra

Alfombra

Av. Ferrol, 41, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

ASPANAES

ASPANAES

Rúa Vilar Pontes, 1, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Grafiti literario

Grafiti literario

Av. Coruña, 19, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

A Xanela / Artpo

A Xanela / Artpo

Rúa Rego do Campo, 5, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

O tren

O tren

Rúa Rego do Muiño, 32, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Outono máxico

Outono máxico

Av. Ortigueira, 14, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Xaquín das Herbas

Xaquín das Herbas

Av. da Habana, 123, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Diego G. Cereijo

Diego G. Cereijo

Poblado da Fraga, D4, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Luis Davila

Luis Davila

Rúa Otero Pedrayo, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Rubén / Iván

Rubén / Iván

Av. Ortigueira, 82, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Wedo

Wedo

Av. Galicia, 48, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Yoseba MP

Yoseba MP

Av. Galicia, 76, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España