Facendo pontes xuntos

Facendo pontes xuntos

ASPANAES / PILI CARBALLEIRA

ASPANAES / PILI CARBALLEIRA

Esta peza artística foi realizada polo colectivo Aspanaes, que agrupa a persoas con TEA (Trastorno do Espectro Autista), tanto das Pontes como da súa comarca, coa colaboración da mestra de pintura Pili Carballeira. A técnica escollida foi muralismo efémero con xiz (tiza); sendo a que mellor se adaptaba tanto aos bosquexos propostos como aos participantes na obra colectiva.

Os resultados foron fermosas pezas, cuxas cores relacionadas co autismo (azul, vermello e amarelo), chaman ao optimismo e a convivencia entre todas as persoas que conforman os mundos que habitamos.

Un total de 18 persoas fixeron realidade estas intervencións efémeras realizada entre os días 24 e 26 de outubro na praza dos Irmáns Tojeiro, que axudaron a facer máis fermosa a vila das Pontes rachando prexuizos sobre o autismo.

Sen dúbida, foi unha experiencia moi potente para todas as persoas participantes, e así é como nolo explicaron as responsables de Aspanaes:

“Foi unha experiencia moi novedosa para eles, tanto polo espacio, como pola técnica e o entorno. Normalmente eles traballan en entornos controlados e con materiales que dominan á perfección. Poder utilizar técnicas novas, pintar ao aire libre e coñecer a xente nova foi unha moi boa experiencia para eles. De feito sorprendeunos tanto a iniciativa coma os bos resultados obtidos sendo a primeira vez que pintaban así. Unha anécdota que nos encantou foi que unha das nosas usuarias mostra moito interés polos coches en concreto e solicitoulle á organización poder pintar un coche; fixéronlle un debuxo dun coche e ela pintouno de moi bo grado”.

Aspanaes (Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista da provincia da Coruña), xorde en 1979 ante a necesidade dun grupo de familias de ofrecer aos seus fillos unha atención educativa especializada que non recibían a atención adecuada en centros educativos regulares. A súa misión céntrase en promover oportunidades e facilitar apoios específicos e especializados para que cada persoa con TEA (Trastorno do Espectro do Autismo) e a súa familia, poidan desenvolver os seus proxectos de vida. Actualmente a súa base social ascende a máis de 2550 persoas, ofrecendo servizos especializados baixo o modelo de calidade de vida a máis de 500 persoas con autismo, atendidas na súa rede de centros e servizos por 180 traballadores  especializados no TEA.

PARA SABER MÁIS – www.aspanaes.org
Title Address Description
Alfombra
Av. Ferrol, 41, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

ASPANAES
Rúa Vilar Pontes, 1, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Grafiti literario
Av. Coruña, 19, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

A Xanela / Artpo
Rúa Rego do Campo, 5, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

O tren
Rúa Rego do Muiño, 32, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Outono máxico
Av. Ortigueira, 14, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Xaquín das Herbas
Av. da Habana, 123, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Diego G. Cereijo
Poblado da Fraga, D4, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Luis Davila
Rúa Otero Pedrayo, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Rubén / Iván
Av. Ortigueira, 82, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Wedo
Av. Galicia, 48, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Yoseba MP
Av. Galicia, 76, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España