Na diferenza está a igualdade

Na diferenza está a igualdade

A XANELA / ARTPO

A XANELA / ARTPO

Este mural reflicte a unión de dúas entidades que se xuntan cun fin común, demostrar que as diferencias suman: A Xanela (Asociación de Persoas con Diversidade Funcional) e ARTPO (Asociación de Artistas Ponteses).

Era a primeira vez que ambas entidades traballaban xuntas, os puntos en común foron a arte, a expresión e a participación nunha peza formada por unha paleta de pintura da que saen diferentes cores representando un xardín, onde todas as flores son diferentes, grandes, pequenas, de diversas cores… Unha forma de concienciar á cidadanía acerca de que ser diferentes é o que nos fai iguais, e de que todas e todos somos capaces.

Así é como no lo explican Guadalupe Lago (Terapeuta ocupacional na Xanela e afeccionada á pintura) e Lourdes Acera (licenciada en belas artes e mestra de pintura en ARTPO), encargadas do deseño e da dirección artístico do mural:

“A arte é un magnífico vehículo de expresión que ten innumerables beneficios para as persoas con diversidade funcional: permite desenvolver a imaxinación, potenciar a súa autonomía e favorecer a integración, ao tempo que desfrutar dunha actividade ao aire libre. A experiencia de participar no proxecto “As Pontes en Pezas, foi “moi bonita”, e causou moita atención á xente que pasaba pola rúa, que destacaban sobre todo o colorido ea  alegría que transmitía o mural; foi moi “gratificante” pola colaboración de persoas con diferentes capacidades que intentan día a día superarse, con ánimo e moita forza de vontade”.

A Xanela (Asociación de persoas con diversidade funcional) é membro de Cogami, e nace no ano 2000 para coordinar e promover a defensa dos intereses das persoas con diversidade funcional, con fin de conseguir a máxima atención social á problemática que representan, e a súa integración na sociedade. A súa está no municipio das Pontes e da servizo á persoas de todos os concellos da bisbarra. A súa misión é mellorar a calidade de vida e fomentar a integración social das persoas con diversidade funcional e as súas familias, a través de actividades terapéuticas e de ocio e tempo libre

ARTPO (Asociación de ARtistas POnteses), é un grupo artístico creado no ano 2012 coa finalidade de unirse para expoñer, pintar e traballar polos intereses comúns dos artistas da comarca. En marzo de 2016 constitúese como asociación cultural, facendo exposicións nas que aparte da pintura, comparten espazo a ilustración, manualidades, música, poesía e fotografía.

Esta peza colaborativa está localizada na rúa peonil do Rego do Campo

 

PARA SABER MÁIS – www.axanela.org
A XANELA
ARTPO
Title Address Description
Alfombra
Av. Ferrol, 41, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

ASPANAES
Rúa Vilar Pontes, 1, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Grafiti literario
Av. Coruña, 19, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

A Xanela / Artpo
Rúa Rego do Campo, 5, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

O tren
Rúa Rego do Muiño, 32, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Outono máxico
Av. Ortigueira, 14, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Xaquín das Herbas
Av. da Habana, 123, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Diego G. Cereijo
Poblado da Fraga, D4, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Luis Davila
Rúa Otero Pedrayo, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Rubén / Iván
Av. Ortigueira, 82, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Wedo
Av. Galicia, 48, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Yoseba MP
Av. Galicia, 76, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España