Ciclo combinado

A. L. CREGO

Espazo – Web
Técnica – Gif art

A. L. CREGO

A idea desta peza de arte dixital ou gif-art, é o ciclo de varias xeracións crecidas nas Pontes, onde o eixo central foi a minería de carbón. A día de hoxe, a industria reconverteuse e as novas xeracións crecidas alí nos anos 70, 80 e 90, rediríxense a outras actividades profesionais. De ahí, o xogo de palabras “ciclo combinado”, referíndose ao encaixe laboral e social entre as distintas xeracións.

O artista, sempre reflexivo consigo mesmo e co mundo que lle tocou vivir, deseñou esta obra dixital para o “As Pontes enPEZAS” expresándonos as súas raíces pontesas. Para iso utiliza, figurativamente, unha máquina de extracción de carbón galego. Décadas atrás, As Pontes contaba con enormes máquinas excavadoras trallando na mina, que desde o seu peche definitivo, acolle a un inmenso lago. Unha peza máis que representa o patrimonio industrial inmaterial local, que segue presente na memoria colectiva, e que recuperou nesta peza, a vida por medio da animación.

A.L. Crego, é un artista dixital  e un poeta visual, inmerso en proxectos de arte urbana, fotografía, animación, música e literatura por todo o mundo. Na actualidade, é un dos artistas españois máis influintes en gif-art. Sorprendente e brillante, A.L.Crego consigue facernos reflexionar sobre as cousas máis insospeitadas, empregando e expresándose a través de píxeles que libera no mundo chamado internet.

 

PARA SABER MÁIS

Alfombra

Alfombra

Av. Ferrol, 41, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

ASPANAES

ASPANAES

Rúa Vilar Pontes, 1, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Grafiti literario

Grafiti literario

Av. Coruña, 19, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

A Xanela / Artpo

A Xanela / Artpo

Rúa Rego do Campo, 5, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

O tren

O tren

Rúa Rego do Muiño, 32, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Outono máxico

Outono máxico

Av. Ortigueira, 14, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Xaquín das Herbas

Xaquín das Herbas

Av. da Habana, 123, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Diego G. Cereijo

Diego G. Cereijo

Poblado da Fraga, D4, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Luis Davila

Luis Davila

Rúa Otero Pedrayo, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Rubén / Iván

Rubén / Iván

Av. Ortigueira, 82, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Wedo

Wedo

Av. Galicia, 48, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Yoseba MP

Yoseba MP

Av. Galicia, 76, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España