Sanxoaneiras

Sanxoaneiras

SUK HA

SUK HA

O San Xoán é unha festividade de verán de orixe pagán. Galicia conta cunha ampla tradición en torno a este rito. A noite de San Xoán celébrase cunha combinación de homenaxes ao lume, á auga, á natureza ou ó sol, mediante festas e cantares populares. Na nosa cultura é considerada como unha festa chea de maxia, que axuda a eliminar todo o malo que nos acompaña, para comezar algo mellor. Para elo, empréganse algúns tipos de flores, sementes, herbas ou follas, coñecidas como as herbas de San Xoán, ás que se lles atribúe calidades máxicas e medicinais.

A PEZA de Suk Ha, localizada no Encoro da Ribeira no río Eume, é unha representación perfecta desta ampla tradición. A través das súas cores transmite a enerxía da natureza galega e fai unha homenaxe á súa riqueza e ao seu valor para todos os galegos e galegas, partindo dunha data tan especial para nós como é a noite de San Xoán.
Teresa Martín-Patino, alias Suk Ha, é unha pintora e ilustradora dixital madrileña, centrada especialmente na arte mural – tanto urbana coma rural – e na ilustración. Nas súas obras trata sempre de integrar a pintura no entorno natural e sociocultural. Estas lembran sempre á natureza, ós organismos e á vida, dende unha visión de estilo xeométrico.

A artista deixounos unha PEZA do seu traballo no cilindro situado no Encoro da Ribeira, elemento idóneo para albergar a obra, xa que integra a construción no medio natural propio da zona, mimetizándose coa paisaxe. Ademais permite desfrutar da obra dende distintos puntos de vista e ver o seu reflexo na auga do Eume, proporcionando un entorno máxico.

Así contaba Suk Ha a súa experiencia no As Pontes enPezas:

Foi todo un reto e un desfrute facerme partícipe no As Pontes enPEZAS. O proxecto das Sanxoaneiras xurdiu coa intención de representar a riqueza botánica da zona e facer un chamamento ao coñecemento da abundancia de flora medicinal partindo da festividade do San Xoán. O marco desta obra é moi especial, pola súa abafadora paisaxe acompañada de auga e bosque”.

A peza de Suk Ha está localizada no depósito do Encoro da Ribeira (río Eume)

 


 

PARA SABER MÁIS
sukhart.es

Title Address Description
Alfombra
Av. Ferrol, 41, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España
ASPANAES
Rúa Vilar Pontes, 1, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
Grafiti literario
Av. Coruña, 19, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España
A Xanela / Artpo
Rúa Rego do Campo, 5, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
O tren
Rúa Rego do Muiño, 32, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
Outono máxico
Av. Ortigueira, 14, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
Xaquín das Herbas
Av. da Habana, 123, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España
Diego G. Cereijo
Poblado da Fraga, D4, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
Luis Davila
Rúa Otero Pedrayo, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
Rubén / Iván
Av. Ortigueira, 82, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
Wedo
Av. Galicia, 48, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España
Yoseba MP
Av. Galicia, 76, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España
Leo López
Av. Castelao, S/N, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Lula Goce
Rúa Rego do Campo, 32, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Miguel Peralta
Av. Galicia, 3, 15328 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Sekone
Praza Hospital, 13a, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Suk Ha
Unnamed Road, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España