Daquela As Pontes

Daquela As Pontes

SEKONE

SEKONE

Daquela As Pontes é un culto á historia da vila de As Pontes de García Rodríguez a través da súa vida, as súas xentes, o seu día a día, as súas celebracións… O proxecto foi posible grazas ao traballo memorístico de moitos dos seus veciños e veciñas, que nos levaron a través das súas palabras, a unha viaxe polas distintas épocas, historias e vivencias das Pontes.

O deseño xurde dunha recompilación previa de material fotográfico na que se reflexaba a esencia da cotiandade pasada da vila; un traballo que se realizou durante meses e no que colaboraron moitos ponteses e pontesas, cedendo as súas fotografías. Este gran traballo reprodúcese mediante distintas técnicas de pintura nun muro que conforma dúas das rúas principais da vila pontesa: a Avenida da Habana e a Rúa Castelao. A PEZA resultante é un reflexo vivo da historia do noso pobo captada a través dos rostros da súa xente.

O encargado desta misión foi Miguel Ruiz, alias Sekone, galego de corazón e cidadán do mundo. Sekone é un artista multidisciplinar especialista en deseño gráfico, graffiti e muralismo, que gosta de empregar en moitas das súas obras a técnica do hiperrealismo con toques oníricos, especialmente en obxectos a simple vista mundanos, outorgando doses de soño e realidade a partes iguais. Ten participado en diversos festivais de arte urbana, como o DesOrdes Creativas ou Rexenera Fest.

A peza de Sekone atópase na Praza do Hospital (intersección rúa Castelao coa Avenida da Habana)

 

 

PARA SABER MÁIS

Title Address Description
Alfombra
Av. Ferrol, 41, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España
ASPANAES
Rúa Vilar Pontes, 1, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
Grafiti literario
Av. Coruña, 19, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España
A Xanela / Artpo
Rúa Rego do Campo, 5, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
O tren
Rúa Rego do Muiño, 32, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
Outono máxico
Av. Ortigueira, 14, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
Xaquín das Herbas
Av. da Habana, 123, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España
Diego G. Cereijo
Poblado da Fraga, D4, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
Luis Davila
Rúa Otero Pedrayo, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
Rubén / Iván
Av. Ortigueira, 82, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
Wedo
Av. Galicia, 48, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España
Yoseba MP
Av. Galicia, 76, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España
Leo López
Av. Castelao, S/N, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Lula Goce
Rúa Rego do Campo, 32, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Miguel Peralta
Av. Galicia, 3, 15328 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Sekone
Praza Hospital, 13a, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Suk Ha
Unnamed Road, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España