A rapaza durminte

A rapaza durminte

LULA GOCE

LULA GOCE

A PEZA situada nunha antiga marmorería en desuso da Canle IV, protagonízaa unha nova veciña da vila que tras moito viaxar, atopou un sitio no que quedar a durmir e nunca máis marchou. A rapaza durminte pertence a unha serie de murais titulados como Sleepers (Durmintes) da artista de Baiona Lula Goce.
Lula Goce está especializada na arte urbana e no muralismo; grazas ao seu espírito todoterreo, conquistou cada recuncho en branco agochado no mundo. As súas obras, non deixan indiferente a ninguén, resaltando especialmente as súas temáticas, a mestura nas súas cores e eses rostros fotorrealistas que evocan todo tipo de sentimentos.
Lula naceu e creceu na vila galega de Baiona, sempre influenciada pola súa cultura e o seu entorno. Emigrou a Barcelona para continuar formándose e dende aquela, leva participado en multitude de proxectos, festivais e exposicións artísticas nacionais e internacionais (Bélxica, Italia, Alemaña, Irlanda, Estados Unidos ou México), dando un sopro de aire fresco a escena do graffiti. Para a artista, é importante que as súas obras produzan unha interacción directa cos espectadores, alteren os espazos para mellor e se volvan unha parte integral das áreas que habitan.
A rapaza durminte é unha peza do museo ó aire libre de As Pontes que causa sensación en todas aquelas persoas que a visitan. As súas dimensións, a forma na que se integra no espazo, a súa adaptación ao entorno mediante a mestura de elementos da natureza cun rostro superrealista ou a combinación nas súas cores son algunhas das características que fan tan especial esta PEZA.

O mural de Lula Goce está nun vello taller de marmorería na rúa Santiago 

 

PARA SABER MÁIS

www.lulagoce.com

Title Address Description
Alfombra
Av. Ferrol, 41, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España
ASPANAES
Rúa Vilar Pontes, 1, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
Grafiti literario
Av. Coruña, 19, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España
A Xanela / Artpo
Rúa Rego do Campo, 5, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
O tren
Rúa Rego do Muiño, 32, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
Outono máxico
Av. Ortigueira, 14, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
Xaquín das Herbas
Av. da Habana, 123, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España
Diego G. Cereijo
Poblado da Fraga, D4, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
Luis Davila
Rúa Otero Pedrayo, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
Rubén / Iván
Av. Ortigueira, 82, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
Wedo
Av. Galicia, 48, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España
Yoseba MP
Av. Galicia, 76, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España
Leo López
Av. Castelao, S/N, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Lula Goce
Rúa Rego do Campo, 32, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Miguel Peralta
Av. Galicia, 3, 15328 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Sekone
Praza Hospital, 13a, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Suk Ha
Unnamed Road, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España