A arte nas mans

A arte nas mans

RUBÉN MOLEDO / IVÁN GÓMEZ

RUBÉN MOLEDO

Rubén Moledo, é un artista pontés dos pés á cabeza, un artista multidisciplinar. A súa paixón desde neno é o graffiti, e acompáñao de aerografías, de debuxos e de boa música, porque para el graffitear muros non é só o seu traballo, tamén é un xeito de expresarse e de entender a vida.

A súa peza está mimetizada de xeito tan creativo que logra integrar unhas hortas urbanas presentes nunha das rúas principais da vila, empregando literalmente as súas mans cheas de arte para darnos á benvida ao seu graffiti, no que tamén colaborou o artista local Iván Gómez, tatuador a tempo completo, debuxante dende sempre e aprendiz de graffitis.

“A arte nas mans” é unha peza que polas características do espazo camúflase coa contorna e que debe observarse, en perspectiva, dende a beirarrúa de enfronte, xusto onde están pintadas no chan, dúas pegadas de pés. A idea do graffiteiro foi recrear un muro roto, no que a través dunha fenda se puidera ver as hortas e as edificacións que hai detrás..

A cidadanía pontesa de Rubén, notouse desde os primeiros traballos de deseño do proxecto “As Pontes enPEZAS”, no que colaborou activamente co equipo organizador, aportando ideas, ilusión e moi bos momentos.

Cedémoslle a palabra a Rubén para os agradecementos:

Que a xente do teu pobo che de a noraboa por un traballo có que desfrutas tanto, non ten prezo. Dende aquí agradecer á xente que se implicou en todo este proxecto e no meu caso, a camuflar entre hortas este muro nunha das avenidas máis transitadas da vila..

A peza de Rubén Moledo pode desfrutarse na Avenida de Ortigueira nº 78.

 

PARA SABER MÁIS

Title Address Description
Alfombra
Av. Ferrol, 41, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

ASPANAES
Rúa Vilar Pontes, 1, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Grafiti literario
Av. Coruña, 19, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

A Xanela / Artpo
Rúa Rego do Campo, 5, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

O tren
Rúa Rego do Muiño, 32, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Outono máxico
Av. Ortigueira, 14, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Xaquín das Herbas
Av. da Habana, 123, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Diego G. Cereijo
Poblado da Fraga, D4, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Luis Davila
Rúa Otero Pedrayo, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Rubén / Iván
Av. Ortigueira, 82, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Wedo
Av. Galicia, 48, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Yoseba MP
Av. Galicia, 76, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España