As Pontes, de mina a lago

As Pontes, de mina a lago

DIEGO CEREIJO

DIEGO CEREIJO

Este mural foi realizado empregando a técnica stencil (literalmente, plantilla) plasmando un deseño do autor da peza, Diego G. Cereijo. Como el mesmo nos explicou, o seu obxectivo é principalmente estético, e pretende representar dun xeito positivo e colorido, a transformación do modo de vida do pobo de As Pontes desde o peche da mina de carbón en 2007 e a súa rexeneración como un inmenso lago no que a xuventude desfruta e viaxa cara un futuro, sempre apoiado no seu pasado mineiro.

A técnica do stencil permite adherir o bosquexo á superficie da parede e pintar dun xeito rápido e eficaz as cores que dan forma á composición artística. Habitualmente nesta técnica aplícase pintura en spray, pero nesta ocasión empregouse pintura acrílica, e ata 20 probas de cor foron precisas para conseguir as tonalidades desexadas polo creador desta peza; o que xa é indicativo da complexidade e perfeccionismo procurado.

Diego G. Cereijo, ten as súas raíces en San Cibrao-Cervo (Lugo), pero vive e traballa nas Pontes desde o 2015, de onde di sentirse un veciño máis do Poboado da Fraga. Precisamente o barrio escollido para a súa intervención artística dentro do proxecto “AsPontes enPEZAS”.

Diego é un creador de beleza, pero non se considera artista, e iso que leva debuxando e deseñando carteis, logotipos, invitacións, fotografías… desde a súa infancia na Mariña. Fai tres anos probou a trasladar os seus bosquexos a tamaño mural, coa escusa do certame das “Meninas de Canido” (Ferrol), e a experiencia resultoulle tan boa que quedou con ganas permanentes de seguir explorando esta disciplina.

Cando se lle pregunta pola súa peza “AsPontesDeMinaAlago” estes son os seus argumentos:  

“Non me gustaría aportar unha explicación pola miña parte. O obxectivo está conseguido se se consegue que os veciños se paren a ollar e esperten neles algunhas sensacións. As que sexan. Como dixen, o obxectivo é principalmente estético, aínda que eu precise dalgún punto de partida para dar forma ao deseño”.

A peza está na Avenida da Habana, na Marquesina do Poboado da Fraga

 

PARA SABER MÁIS

Title Address Description
Alfombra
Av. Ferrol, 41, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España
ASPANAES
Rúa Vilar Pontes, 1, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
Grafiti literario
Av. Coruña, 19, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España
A Xanela / Artpo
Rúa Rego do Campo, 5, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
O tren
Rúa Rego do Muiño, 32, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
Outono máxico
Av. Ortigueira, 14, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
Xaquín das Herbas
Av. da Habana, 123, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España
Diego G. Cereijo
Poblado da Fraga, D4, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
Luis Davila
Rúa Otero Pedrayo, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
Rubén / Iván
Av. Ortigueira, 82, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
Wedo
Av. Galicia, 48, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España
Yoseba MP
Av. Galicia, 76, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España
Leo López
Av. Castelao, S/N, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Lula Goce
Rúa Rego do Campo, 32, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Miguel Peralta
Av. Galicia, 3, 15328 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Sekone
Praza Hospital, 13a, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Suk Ha
Unnamed Road, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España