Ciclo combinado

A. L. CREGO

Espazo – Web
Técnica – Gif art

A. L. CREGO

A idea desta peza de arte dixital ou gif-art, é o ciclo de varias xeracións crecidas nas Pontes, onde o eixo central foi a minería de carbón. A día de hoxe, a industria reconverteuse e as novas xeracións crecidas alí nos anos 70, 80 e 90, rediríxense a outras actividades profesionais. De aí, o xogo de palabras “ciclo combinado”, referíndose ao encaixe laboral e social entre as distintas xeracións.

O artista, sempre reflexivo consigo mesmo e co mundo que lle tocou vivir, deseñou esta obra dixital para o “As Pontes enPEZAS” expresándonos as súas raíces pontesas. Para iso utiliza, figurativamente, unha máquina de extracción de carbón galego. Décadas atrás, As Pontes contaba con enormes máquinas escavadoras traballando na mina, que desde o seu peche definitivo, acolle un inmenso lago. Unha peza máis que representa o patrimonio industrial inmaterial local, que segue presente na memoria colectiva, e que recuperou nesta peza, a vida por medio da animación.

A.L. Crego, é un artista dixital  e un poeta visual, inmerso en proxectos de arte urbana, fotografía, animación, música e literatura por todo o mundo. Na actualidade, é un dos artistas españois máis influentes en gif-art. Sorprendente e brillante, A.L.Crego consigue facernos reflexionar sobre as cousas máis insospeitadas, empregando e expresándose a través de píxeles que libera no mundo chamado internet.

 

PARA SABER MÁIS

Title Address Description
Alfombra
Av. Ferrol, 41, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España
ASPANAES
Rúa Vilar Pontes, 1, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
Grafiti literario
Av. Coruña, 19, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España
A Xanela / Artpo
Rúa Rego do Campo, 5, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
O tren
Rúa Rego do Muiño, 32, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
Outono máxico
Av. Ortigueira, 14, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
Xaquín das Herbas
Av. da Habana, 123, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España
Diego G. Cereijo
Poblado da Fraga, D4, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
Luis Davila
Rúa Otero Pedrayo, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
Rubén / Iván
Av. Ortigueira, 82, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
Wedo
Av. Galicia, 48, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España
Yoseba MP
Av. Galicia, 76, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España