O tren

O tren

EDU HERMIDA / IES MONCHO VALCARCE / IES CASTRO DA UZ

EDU HERMIDA / IES MONCHO VALCARCE / IES CASTRO DA UZ

Esta peza mural contou con dous perfís de participantes, un artista consagrado: Edu Hermida cuxo papel foi o de “condutor artístico da locomotora” e o das rapazas e os rapaces dos dous institutos locais (IES Castro da Uz e IES Moncho Valcarce) como “aprendices incansables”, sempre coa compaña das mestras de educación artística dos dous centros.

O deseño foi ideado por Edu Hermida e nel quixo plasmar o movemento que representa o pasado do transporte mineiro e o futuro simbolizado nas caras da xuventude das Pontes. Para iso, utilizáronse diversas técnicas, como foron a pintura, o spray, o collage e a técnica action painting.

Unha mostra de pintura mural áxil e esencial; directa e simple; que intenta mostrar o carácter ilustrativo e simbólico complementario ás palabras e, sobre todo, un traballo de “aprender facendo”.

Edu Hermida, artista ferrolán multidisciplinar e promotor do proxecto cultural e artístico as “Meninas de Canido”, composto por máis de 20 versións do cadro de Velázquez, resumía así a súa colaboración no “As Pontes enPezas”:

“Sempre é moi grato ver pintar aos máis mozos, pois compensan as súas carencias técnicas coa parte emocional coa que dotan os seus traballos, destacando a pureza das cores e a esencia das pinceladas. Foi un fermoso traballo participativo e comunitario, que máis que a estética, tanto ten un enorme valor a involucración social e a participación educativa”.

Pódese atopar esta peza colaborativa na curva do Rego do Muíño nº30

PARA SABER MÁIS – lasmeninasdecanido.com
Title Address Description
Alfombra
Av. Ferrol, 41, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España
ASPANAES
Rúa Vilar Pontes, 1, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
Grafiti literario
Av. Coruña, 19, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España
A Xanela / Artpo
Rúa Rego do Campo, 5, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
O tren
Rúa Rego do Muiño, 32, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
Outono máxico
Av. Ortigueira, 14, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
Xaquín das Herbas
Av. da Habana, 123, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España
Diego G. Cereijo
Poblado da Fraga, D4, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
Luis Davila
Rúa Otero Pedrayo, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
Rubén / Iván
Av. Ortigueira, 82, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España
Wedo
Av. Galicia, 48, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España
Yoseba MP
Av. Galicia, 76, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España