Graffiti literario

Graffiti literario

ALALÁ / RUBÉN MOLEDO / DECIBREIRO

Esta peza colectiva, cen por cen pontesa, xurdiu dun experimento creativo que logrou fusionar estilos moi diversos de interpretar a realidade a través da arte. Mesturouse a poesía e o graffiti, empregando técnicas atemporais como: o cadáver exquisito -ideado polos surrealistas franceses nos anos 20 do século pasado-, con procedementos de expresión da arte urbana máis social, como o stencil (plantillas recortadas) pintado a spray.

O froito desta colaboración das poetisas e os poetas do Grupo Alalá e o grafiteiro Rubén Moledo, foi bautizada co nome “Graffiti literario”, e atópase nas escaleiras que levan dende a rúa Coruña ata a praza de América, ao pé da biblioteca municipal “Enrique Rivera Rouco”. 

A peza poética xestada colaborativamente di así:

O tempo turra dilatando o estío. 
Retrasa o baile da chuvia nas tellas.
O azul do ceo esborrexe polos ollos
e na ribeira busco os teus beizos orfos.
Dende a ponte observo a liña que se estende
maxinando pletórico unha Vila poetizada
que brille baixo o fulgor das estrelas”.

Grupo Poético Alalá é unha agrupación literaria formada por: Gloria David, Aníbal Ánxel, Santiago del Moral, Ofelia López, Montse Pardo, Silvia Pardo e Mari Carmen Freire, tendo como alma do grupo a Anabel Alonso, bibliotecaria das Pontes. O colectivo foi fundado no ano 2003, e a pesar de ser un grupo heteroxéneo comparten unha mesma paixón: escribir versos en lingua galega.

Ademais de promover e organizar dous recitáis poéticos anuais, o grupo é asiduo en actividades que fomenten a cultura como: a celebración do Día das Letras Galegas, obradoiros de creación poéticas nos centros de ensino, así como prestándose a colaboracións con outros colectivos culturais como: o grupo fotográfico Reollo, a asociación de pintura ArtPo ou o Conservatorio Municipal de Música.

Rubén Moledo, é un artista pontés dos pés á cabeza, un artista multidisciplinar. A súa paixón desde neno é o graffiti, e acompáñao de aerografías, de debuxos e de boa música, porque para el graffitear muros non é só o seu traballo, tamén é un xeito de expresarse e de entender a vida.

O “Graffiti literario” é visitable nas escaleiras ao pé da Biblioteca Municipal

 

PARA SABER MÁIS – www.qwertymagazine.com/grupo-poetico-alala

Title Address Description
Alfombra
Av. Ferrol, 41, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

ASPANAES
Rúa Vilar Pontes, 1, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Grafiti literario
Av. Coruña, 19, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

A Xanela / Artpo
Rúa Rego do Campo, 5, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

O tren
Rúa Rego do Muiño, 32, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Outono máxico
Av. Ortigueira, 14, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Xaquín das Herbas
Av. da Habana, 123, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Diego G. Cereijo
Poblado da Fraga, D4, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Luis Davila
Rúa Otero Pedrayo, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Rubén / Iván
Av. Ortigueira, 82, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Wedo
Av. Galicia, 48, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Yoseba MP
Av. Galicia, 76, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España