;

[email protected] a web de As Pontes enPEZAS

un proxecto de transformación ambiental a través da participación veciñal e da arte pública promovido polo Concello de As Pontes.

As Pontes enPEZAS concíbese como unha iniciativa de dinamización social cuxo fin é o de transformar as rúas, as prazas e os parques da vila das Pontes, en espazos creativos nos que desfrutar de pezas de arte ao aire libre.

Para logralo, apoiámonos tanto nas intervencións de artistas comprometidos coa realidade social e cultural das Pontes, como na implicación da poboación neste proceso de rexeneración. Queremos que As Pontes enPEZAS permita relacións humanas baseadas na cooperación, na diversidade, a convivencia e a inclusión social, ao tempo que estimule habilidades artísticas e creativas na nosa comunidade.

E os nomes importan. Co de As Pontes enPEZAS quixemos dar conta do seu carácter plural e diverso, xa que unha PEZA no mundo da arte fai referencia á pintura, a escultura, a arquitectura, a poesía, a música ou ao teatro. Deste xeito, dáse cabida a todo tipo de expresións artísticas: o muralismo, as instalacións con fíos (yarnbombing), o alfombrismo, a fotografía, as plantillas (stencil), os mosaicos ou o graffiti urbano.

As Pontes enPEZAS tamén fai fincapé na importancia da suma e da unión de cada fragmento para construír un TODO colectivo. No primeiro ano leváronse a cabo 13 obras, e agora… PEZA a PEZA queremos converter a nosa vila nun MUSEO PÚBLICO a ceo aberto.

Title Address Description
Alfombra
Av. Ferrol, 41, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

ASPANAES
Rúa Vilar Pontes, 1, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Grafiti literario
Av. Coruña, 19, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

A Xanela / Artpo
Rúa Rego do Campo, 5, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

O tren
Rúa Rego do Muiño, 32, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Outono máxico
Av. Ortigueira, 14, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Xaquín das Herbas
Av. da Habana, 123, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Diego G. Cereijo
Poblado da Fraga, D4, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Luis Davila
Rúa Otero Pedrayo, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Rubén / Iván
Av. Ortigueira, 82, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

Wedo
Av. Galicia, 48, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Yoseba MP
Av. Galicia, 76, 15320 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

Casa do Concello, Parque Municipal, s/n | 15320 As Pontes (A Coruña) // T. 608 201 251 // [email protected]